-
Sobre Rinlo, mañá domingo.
A raíz dunha nova nos xornais, recollo información diversa sobre Rinlo. O comentario de Adega sobre a sentencia favorable á ecoloxía sobre a pretendida nova planta de acuicultura en Meirengos. A proposta parlamentaria de protección do núcleo de Rinlo. E a proposta para mañá domingo, recollida do blog ‘Mariña patrimonio‘: PASEO POR RINLO. A ROTA…
-
Bandera Católica
Están colgadas en Publicado en Ribadeo as dúas primeiras páxinas (polo momento, só) do exemplar do quincenal ‘Bandera Católica’ de data 1 de setembro de 1916. Que ten de particular? Varias cousas. En principio, a primeira imaxe da Torre dos Moreno da que se ten noticia, con dous artigos correspondendo con ela, un laudatorio e…
-
Agora si, urbanismo?
Deixo isto para ser publicado ás 11 da mañá. A esa hora, reúnese a comisión de urbanismo segundo unha nota do concello. O obxectivo declarado, seguir a avanzar no PXOM. Algunhas ligazóns a artigos anteriores: Para o pxom, do anterior blog As primeiras páxinas do pxom Da música ó PXOM O pxom de Ribadeo, revisitado…
-
Plans e información
En Ribadeo hai censadas unhas 10 000 persoas, das que son maiores de idade unhas 8 000. Canta xente sabe que é o POL en Ribadeo? E canta lle botou unha ollada? Quen lembra a estas alturas que o PXOM está en trámite de revisión de alegacións? Coido que máis ou menos todo o mundo…
-
De urbanismo, nas proximidades
Na imaxe, un cachiño de ‘Costa Barreiros’ en vista do sigpac. Un par de días despois de ver a entrada de Vida Político-Social sobre urbanismo en Barreiros, e apreciar en diversos medios unha derivación da polémica das autorizacións das construccións no concello viciño (aquí ou aquí se consideramos só ‘El País’ de antonte), coido que…
-
De obras
Estes días as novas en Ribadeo van de obras. Comezou a visita ó Cuartel do Subdelegado do Goberno para supervisar as obras realizadas, visita que sae contestada na prensa de hoxe pola Unión de G.C., aludindo a diversos problemas que teñen. Despois foi o amaño do tramo da N-642 ata Porto (ata a glorieta que…
-
31 de marzo, data límite
Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois…
-
Derrumbe
Os derrumbes estánse afacendo a Ribadeo. Onte o mesmo alcalde presenciou un no que se espera futuro albergue de peregrinos. Eiquí a nota de prensa da alcaldía.
-
Distinguindo en torno á Atalaia
No apartado A Mariña de El progreso de 15 de decembro de 2009 aparece na segunda páxina o título “El ascensor panorámico de A Atalaia empezará a funcionar en febrero”, seguido do subtítulo “Es el primero de estas características en la comarca y revalorizará una zona del casco antiguo”. Estiven mirando a nova polo miúdo…
-
Por Porcillán, observando
Pode que a estas alturas xa sexa máis práctico, en troques de falar de Porcillán ou de Figueirúa, falar do porto deportivo. Sen confusión de étimos e variación de verbas ó longo do tempo. Sinxelamente, unha substitución. Onte houbo unha asamblea do C.N. de Ribadeo, a sociedade que controla o porto deportivo. Polo momento non…