-
Estradas e Camiños. Artigo de José Salvatierra Rico
Despois de telo lido na Comarca, pedino para publicar, e aquí está: O concello de Ribadeo anuncia , fai aproximadamente un mes , a través do Alcalde , o arranxo dunha serie de camiños nas parroquias, a executar en dúas fases. Na primeira, por un importe de 134 000 euros, para gastar antes de que…
-
Tres puntos negros
Cargo dende Google maps unha imaxe do centro de Ribadeo e engádolle tres puntos, negros en función da súa situación actual. O de máis embaixo, no comezo da r/Deputación (por certo, pódese ver que Google maps segue tendo algún problema en Ribadeo, aínda que menor importancia que o de ‘ría de Ribambo’) deu lugar onte…
-
Unha ollada non só ó Vilar
15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame. A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento,…
-
Habemus PXOM
Onte, á última hora do día, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo vería rematado o novo PXOM coa sinatura final. Era 1977, é dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenación municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. É…
-
5 vivendas e local comercial no cubano
No centro de Ribadeo, o sete de agosto, tomaba esta foto: Na praza de España, comezaba a ‘rehabilitación’ dun edificio para vivendas (5) e baixo comercial, no antigo local do Cubano. Parecía que a mesma empresa que mercou unha parte do edificio do cantón, a casa dos perecitos ou os pazos das Figueiras, atacaba de…
-
Retorno ó pasado
Dende que se inaugurou o tramo da A8 evitando Mondoñedo, teño pasado varias veces de novo pola estrada ‘vella’ por estar cerrada a autovía. Como é sabido, non houbo cerre ata que morreu unha persoa e se accidentaron unha morea de vehículos, cun vídeo espectacular tomado con móbil. Dende aquel día teñen sido moitos os…
-
Sobre o edificio da Praza de España en demolición (edificio do bar Cubano)
Hai algún tempo os ribadenses recibimos con sorpresa que un edificio da Praza de España, o que ocupaba a tenda de Solloso, se tiña vendido a Celso Dourado. Coido que a acollida, xunto cos planes de facer algo que podería ser un museo, foi positiva. Ós poucos días de enterarme, observei como comezaban a traballar…
-
Un mapa libre para Ribadeo
Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar… Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí. Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que…
-
Ó teu alcance, colaborar para mellorar Ribadeo
Colle e clica en https://onedrive.live.com/?cid=e5f64a4d6dc9018d&id=E5F64A4D6DC9018D!125&ithint=folder,&authkey=!AB4u_nCsi1ZsqYI, e mira: Un proxecto de Ribadeo ó teu alcance. Público, para que o mires e remires. Para que des a túa opinión. Para que o compartas. Para facer un Ribadeo mellor. O nome, de comedia, Preprich, debera animar a divertirte vendo liñas de posible futuro para o teu pobo. Hai…
-
Unha terraza do pobo de Ribadeo?
Paseando do centro de Ribadeo cara ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, teño escoitado dicir, en referenza á casona que alí hai. Nunca o entendín no sentido de propiedade do terreo na actualidade: ó fin, aí se fixo o…