-
Pola paz, Ribadeo 20250330
Xunto coa convocatoria da concentración pola paz en Ribadeo para o próximo domingo 30 de marzo, deixo a gravación do pasado domingo 23 de marzo, na que con asistencia de 25 persoas (había outras convocatorias pola sanidade ás que asistiu xente que moitas veces acode a esta) e nas escaleiras do concello por mor do…
-
E mañá, pola paz

Está visto que aínda que non leve camiño de conseguirse no horizonte, debemos seguir na procura, construción e petición da paz. E mañá, como domingo que é, en Ribadeo, ás 12:30, no Cantón, de novo xuntanza pola paz. O cartel de Suso Fernández:
-
Convocatorias en Ribadeo

Séguense a suceder as convocatorias en Ribadeo. Máis aínda sendo tempo de antroido que coincide a súa finalización pasado mañá co 8M. Por iso cabe lembrar a máis das actividades festeiras, coido que abondo publicitadas, outras máis reivindicativas, como as correspondentes ó 8M, que tamén teñen a súa difusión, e outras máis esquecidas polos medios…
-
Na procura da paz: concentración en Ribadeo 20250216
Unha foto das tomadas por Suso Fernández na concentración semanal pola paz, un audio (ó que lle falta a lectura inicial, coa miña voz pero texto de Suso), con verbas sobre todo de Jesús Irigoyen (ás que corresponde o pdf final) e Nana Montañés: Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de…
-
Remata o pleno votando contra a lei? Video (e fin)
Foto de Suso Fernández. 17 de decembro de 2024. Como última entrega do pleno do martes 20250204 en Ribadeo sobre o ‘tratamento’ que se lles está a dar ás árbores, adxunto en formato vídeo os audios tratados por Suso Fernández, distinguindo no nome por orde de intervención e por nome de quen intervén maioritariamente.…
-
Verbas na xuntaza pola Paz en Ribadeo 20250202
Hoxe domingo tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz en Ribadeo, ás 12:30 no Cantón dos Moreno. Algo máis de trinta persoas fímonos achegando ate o final, máis algún que se parou a escoitar algún retazo ó lonxe para logo seguir o seu camiño. Deixo o audio antes do Grândola, con intervencións de…
-
Contra vento e choiva, paz
Contra vento e choiva, paz Hoxe, 26 de xaneiro, un domingo máis, tivo lugar a concentración pola paz que se ven tendo en Ribadeo de xeito semanal, a partir do comezo da guerra de Rusia contra Ucraína, e logo de xeito renovado, de Israel contra Gaza, Palestina, Líbano, Siria, Iemen… polo de agora. …

