Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: sociedade

  • VAIA CIRIO! Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    VAIA CIRIO! Xosé Carlos Rodríguez Rañón No medio das céntricas “Cinco Calles” compostelás (por certo, o mesmo número que as bilbaínas e unha máis que as de Ribadeo) da zona histórica, atópase a cerería do mesmo nome, inaugurada en 1940 en plena auxe do catolicismo patriótico da posguerra e a única xa da cidade, ademais…

  • Parque si, (parque) temático non

    Parque si, (parque) temático non O que segue esta referido a Ribadeo, no que indican os datos concretos. Mais estimo que hai abondos outros lugares que en calquera momento poden seguir camiños semellantes, no caso de que non estean xa transitando por eles. Ti que les poderás xulgar. O principal lugar de ocio público no…

  • Contra o lume, en Ribadeo

    Onte, día 21, tivo lugar a concentración contra o lume en Ribadeo. Unhas 200 persoas, concentradas diante do concello como presión para tentar unha política de desenvolvemento forestal que permita un futuro ó rural e a todos nós, sen o sufrimento que implican os fogos queimando unha superficie como nove veces a do concello e…

  • Necesitamos unha disrupción

    Si, necesitamos unha disrupción. E que é iso? Unha ‘rotura ou interrupción brusca’, di o dicionario castelán, adaptación doutro termo inglés, á súa vez doutro latino. Vese que a cousa viuse dende hai tempo, é histórica. Mais en galego parece que aínda non está admitido o termo… e con dificultade, o feito. E para que?…

  • Testemuña nun incendio: Ribanova, Ribadeo 20250809

    Onte ardeu o Ribanova, edificio plenamente identificado con Ribadeo, en plena rúa e praza de San Roque. Por sorte, non houbo que lamentar perdas humanas, aínda que o edificio quedou destrozado, excepto as dúas pareces á rúa e praza. A estas alturas, non se sabe a orixe do incendio, sobre o que se ten dito…

  • Nota informativa sobre o Centro de Saúde de Ribadeo (31/07/25)

    NOTA INFORMATIVA  DO COLECTIVO POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES         O pasado día 29 de xullo o Concello de Ribadeo tomou posesión dos terreos  adquiridos enfronte da Estación de Servizo para construír un novo Centro de Saúde. Deuse así un  paso mais para levar adiante o demencial proxecto de pechar o actual centro, situado no…

  • Concerto 70 aniversario. Coral Polifónica de Ribadeo (2)

    O pasado sábado tivo lugar o concerto, e deixei o vídeo. A recepción foi moi boa, tanto polos propios coralistas como polo público, de xeito que non sería raro que se repetira de xeito periódico a intrvención de antigos participantes na coral. Faltaba de subir o tríptico. Aquí queda, tanto en .jpg como en .pdf…

  • Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’

    amarinha.gal Nota de prensa Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’ O pasado sábado 2 de agosto tivo lugar no teleclube sede da asociación de veciños A Parrala, da Rilleira, o primeiro pase da cinta ‘O barco de vapor de Bill Jr.’. A presentación foi seguida con interese polo púbico asistente, que…

  • FEDEA, bancos… intereses!

    FEDEA, bancos… intereses! Vivimos nunha sociedade capitalista, xa o sabemos. Mais ata hai pouco, era normal no imaxinario da xente pensar que o capital procuraba ganancias, pero dentro dun orde. Por exemplo, admitíase, aceptábase a explotación como contraprestación do uso do capital, pero non a mentira. De feito, a grandes trazos, poderíase dicir que é…

  • Santa Cruz, ‘preparada’ para a Xira coa Casa da ría engalanada

    De xeito periódico xa collín a costume de pasarme por Santa Cruz, a ver como vai aquelo. ‘Aquelo’ para min é máis ben a Casa da ría, e máis concretamente, a zona da cúpula do telescopio. O motivo inicial desa costume é que vai para dous anos vin como a Casa da Ría pasaba do…