Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Continuando a loita

    Fago unha nova intervención hoxe para postear dúas fotografías dunha loita que continúa: a da piscifactoría de Rinlo. Hoxe houbo na rúa peonil unha mesa e un cartel avisando do roteiro de mañá, percorrendo toda a zona lic (lugar de interese comunitario) e comezando dende antes del ata despois de pasar Rinlo cara a Ribadeo…

  • En ruinas

    A foto marca unha casa boa e bonita en pleno centro de Ribadeo. Estado: ruinoso. Actitude: á espera. De que, eso non se sabe. Os carteis anuncian que alí se vai a facer algo. Xusto en frente restaurouse outra casa fai pouco, que pasou de ser unifamiliar a casa de pisos. Na foto tamén se…

  • Fonte

    Ameaza con chover. Na realidade, despois dunha tempada como a que levamos, non é ameaza ningunha: É necesario. Esta foto é da fonte que hai na Vila Vella. A auga da en xeral placidez. Entrando en Ribadeo dende Porto, se un se para é unha vista plácida que non se sabe cánto tempo estará así,…

  • Limpeza

    Estiven a punto de non poñer foto hoxe. A razón? Despois de varios paseos por Ribadeo onte, teño claro que está cocho. E non me apatecía poñer unha foto de algo cocho. Por exemplo, o novo parque sobre a ría (o parque do mineral) está sen inauguración, pero xa está cocho e con malas herbas…

  • Fin do verán

    Esta semana remata o verán. Non é retórica, é o paso astronómico ó outono o que remata de producirse onte, 21 de setembro, día que marca con máis precisión o cambio que o comezo do curso (xa só quedan os universitarios, en xeral o luns) ou mesmo o tempo (segue a haber unha temperatura adecuada…

  • Radio Ruido

    Hoxe vai o texto sen compañíia de foto: prefiro non poñela. Dede hai unha semana tratan de facer unha especie de caza do pardillo / fabricación da noticia á miña costa por un comunicado que se pode ler un pouco máis abaixo neste mesmo blog. Tan importante que nunha primeira noticia pasóuselle ó estrela radiofónica…

  • Un novo porto

    Resulta que se está a facer unha ampliación do porto, que de pronto está facendo a función de redución de 80 m de liña de carga e de almacén de area da draga. ben, pois no porto hai locais que non están ocupados. Aquí temos dous exemplos. Por que a ampliación? Tendo a man as…

  • Levar un blog

    Escribir algo tódolos días para un blog non é doado, e menos con problems de tempo ou técnicos. Por exemplo, a próxima semana tereina abondo ocupada… nembargantes, ver unha imaxe como esta, unha porta reventada na parte superior do auditorio, deixando ‘libre’ o paso a aparellos que poden ser perigosos, creo que debe de manifestarse.…

  • Festas e horarios

    Os horarios das festas seguen a ser portada nos peródicos, mentras hoxe espero entrevistarme coa Delegada Provincial de Presidencia para falar do tema. Por certo, que retrasou a entrevista e deu a autorización despois de serlle pedida a audiencia, e non deu noticias directas, senón que nos tivemos que enterar pola prensa. A pesares de…

  • Máis ruído

    Hoxe aparece na prensa que a Delegada Provincial de Presidencia e Xustiza autorizou a extensión de horario de apertura dos establecementos nouturnos durante as festas. Eso significa literalmente máis ruído. Mañá presentareille, nunha entrevista como representante do Tesón, unha folla con razoamentos e feitos sobre o tema. Polo momento, lembro aquí algo que escribín e…