Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XIV Casa de Sarmiento

    De volta a San Roque dende a Balastrera polo mesmo camiño, atopamos de fronte á Casa de Sarmiento, aínda recentemente rehabilitada. Dela Pódense ver non só a capela de San Roque, na mesma praza, senón tamén o grupo de catro indianas (Axudantía, Torres, Rodríguez Blas e Andés)

  • As novas tecnoloxías en Ribadeo

    Onte mesmo publicaba un xornal a relación de servicios accesibles polas web municipais da provincia. Se ben en xeral non era para botar ás campás a repinicar, o caso de Ribadeo resolvíase dun xeito claro: non, non, non, … é dicir, non ten servizos. Ente os servizos que non ten está o de poñer as…

  • O destino perenne dos principios: unha curiosidade nestes días que corren

    “O destino perenne dos principios: se ben todos afirman profesalos, é probable que se sacrifiquen cando se volten incómodos” “O lema de quen se opón ós principios: ‘estou facendo o que podo’. Por suposto, o mellor posible dadas as circunstancias”… Ambas citas están tomadas de Susan Sontag, no seu artigo ‘Sobre el coraje y la…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XIII A Balastrera

    A Balastrera queda fóra da rota común cara ó centro: hai que desviarse ata o pé da antiga vía e estación do tren mineiro de Vilaodrid, o que podemos facer xirando pola capela de San Roque e deixando atrás os multicines. Hoxe un hotel, á beira do seu muro pasaba o final da vía do…

  • 2×1, música e ría de Ribadeo

    Hoxe sorrín ó ver a nova que poño escaneada da Comarca. Coido que hai que agradecerlle á Coral Polifónica de Ribadeo o cambio de nome do certame de habaneras. Hai tempo que a ría non recibía un respaldo como o que lle remata de prestar esta sociedade que organiza ademáis o festival esta tarde. Acompaño…

  • Sobre a transparencia, en Ribadeo e no mundo

    Coido que é bo que as pequenas novas, que non teñen en xeral cabida na prensa, saian á luz pública e dun xeito diferente ó do boca a boca, perdéndose no imaxinario popular e pasando a ser medio verdades medio contos. Onte, unha formigoneira cortaba o paso á furgoneta do centro de día. Estaban traballando.…

  • Santa obscura

        Hai poucos días puxeron a statua de Santa Clara no xardían diante da entrada do convento. En pedra, chamoume a atención de que sexa máis ben chaparreta en troques de alta, seguindo as ideas do Greco de elevación a Deus. Polo momento está sen luz, por eso de Santa obscura. É posible que pronto…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XII Axudantía

    A casa que durante moitos anos ten sido a sé da Axudantía de Marina tamén é de indianos. Está situada entre a Casa de Torres e a capela de San Roque, rematando cara ó centro do pobo o grupo de catro casas de indianos (as outras son a Casa de Rodríguez Blas e a Casa…

  • Queren que continúe o circo

    A visita de circos estes días a Ribadeo xa deu os primeiros froitos: a captura da linguaxe circense por un grupo político, como amosa unha nova de hoxe: El PSdeG-PSOE de Ribadeo califica como «propio dun pobo de circo» la masificación de letreros en las calles. Hoxe, día de San Roque, actuacións diversas e novas…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XI Casa de Torres

    Entre a Casa de Rodríguez Blas e a da Axudantía, está a casa de Torres, caracterizada polas liñas da súa fachada, culminada na foto polo gurugú.