Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.571 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O Batallón Galicia, en Ribadeo

    Chegou ás miñas mans dende disciminados unha información sobre a composición do batallón Galicia (ía poñer o enderezo electrónico do .pdf, pero vexo en Google mogollón de novas sobre o tema). De Ribadeo estaban: Lugo Ribadeo Ríos García Ramón Compañía de UGT Carpinteiro Lugo Ribadeo Castro Álvarez Ramón 2ª Compañía UGT Mariñeiro Lugo Ribadeo Díaz…

  • Patrocinio privado

    San Roque 2007 en Viveiro: unha empresa ofrece 20000€ e queda como único refresco mercable nos chiringuitos da romería. Máis ou menos, eso foi o que pasou. E coido que a polémica está servida e con razón. Non tanto porque teña habido un patrocinio, senón polo que representa de fondo, que segundo os detalles de…

  • Unha opinión (3ª de hoxe)

    Dun vello xornal, dunha entrevista a Celia Amorós pode destilarse: “(…) si un grupo humano puede ejercer dominio sobre otro, lo ejerce.” Estáse a referir ás relacións entre sexos, pero coido que o sentido pode ser moito máis amplio. E como corolario podía poñerse que os grupos humanos deben espabilarse se non queren ser dominados.

  • Ligazón.- Copia do blog de O Tesón

    Hoxe temos unha primeira ligazón dirixida aquí dende ribadeo.com. Aínda non comezamos a desenvoltar o blog, pero todo chegará. Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.

  • Un correo que me chegou sobre a cidade da cultura de Santiago (2ª de hoxe)

    “Estase a crear unha plataforma para correxir o despropósito da Cidade da cultura, o que creo interesante . Por iso enviovos a información seguinte: Un saúdo e boas vacacións a todos. Tedes máis información en ” culturasimausoleonon.blog.com ” Hay unha reunión o mércores en Santiago ás 11 da maña na cafetería da EGAP “POLIGONO DAS…

  • Dende o Mondigo non se ve a autovía

    En realidade, vese un pouco: xusto a partires da ponte do nó de Piñeira. Pero non todo o recorrido ó pé dos montes dende pouco despois de Santa Cruz ata que perde contacto co mar despois de deixar a tras a Cruz do Lobo. É algo curioso. É curioso. Dende alí vese só un pouco…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVI O mercado, un edificio público

    Non é unha casa, pero si unha construción promovida por indianos, levantado no 1925 con estrutura de ferro, doazón de D. Ramón González Fernández, segundo consta no seu lateral.

  • Altas temperaturas… na auga

    Din os expertos que aínda non se lle pode botar a culpa de que as augas costeiras da zona esteñan máis quentes que outros anos, quedando entre 18ºC e 21ºC. Son unha serie de fenómenos os que coincidiron para que este verán atípico teña esa temperatura na auga. Fenómenos que están todos relacionados coa enerxía…

  • Ribadeo, Ría de Ribambo (II)

    Hai tempo (ver) que puxen no blog unha visión de Google maps sobre Ribadeo. Aquí vai outra, que xa recolle a autovía… e unha saída da autovía vindo de Galiza que non existe, pero que debemos loitar para que exista. Cousas de Google, unha ferramenta moi boa, pero que é como as persoas: todas temos…

  • Un vídeo da procesión da Virxe do Carme este ano pola ría de Ribadeo

    … pois só eso: un vídeo amosando unha vista xeral dende o mirador sobor do porto deportivo.