-
ISBN?
O ISBN é o numeriño que levan os libros como identificación. Segue unha normativa internacional, e todo libro que se precie un pouco pídeo e lévao posto. Non é necesario, pero si convinte de cara á difusión. Ata este mes, viña sendo concedido en españa pola ‘Axencia española do ISBN‘, un organismo público dependente do…
-
Liña habemus!
Despois de moitas reviravoltas, aquí está a “Resolución de 2 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Cambio Climático, por la que se formula declaración de impacto ambiental del proyecto Línea eléctrica a 400 kV, doble circuito denominada Boimente-Pesoz, Lugo y Asturias.” (descargable como pdf aquí) Entre Pesoz e Viveiro hai uns…
-
Toda empresa colectiva require confianza
Recollo unha frase do libro ‘Algo va mal‘ de Tony Judt (na p.70, 3ª ed) para voltar sobre unha insistencia de O Tesón cando é preguntado sobre o que facer cara ós programas electroais das próximas municipais. Porque o primeiro é facer que os candidatos sexan cribles cando fan unha afirmación, unha promesa. Se eso…
-
sobre unha piscifactoría
A finais da semana pasada atopeime nos xornais cunha nova sobre a piscifactoría de Pescanova na costa de Piñeira. Facendo un pouco de lembranza para todo o mundo, despois das reviravoltas diversas, xulgados incluídos, da piscifactoría que quedou na lagoa Cascos, cando estaba dando este tema os últimos coletazos, saíu á luz a pretensión de…
-
Máis porto
A expresión ‘máis porto’ pódese entender de varios xeitos. Ocórreseme que en particular, de dous. O primeiro, ter un porto con maiores dimensións en calquera das súas facetas, por exemplo, naves maiores, ou máis superficie de maniobra en terra. O último é o que se procuraba cando se fixo a ampliación de 8…
-
Estratexias comerciais
Aínda non se puxeron as luces de Nadal, pero este ano van ser de campanillas: un aumento do orzamento correspondente do 50% así parece presaxialo. Pola nova de prensa que uso, non me queda moi claro se o concello paga todo, os 9 000 € que costa, en troques de dúas terceiras partes que entendo…
-
Comeza a propaganda eleitoral. Crítica doada
O dicir que comeza a propaganda é un xeito de falar, pois na actualidade as novas son propaganda de xeito continuado. De calquera forma, o recibir o primeiro folleto propagandístico dos partidos, enfocado xa de cara ás próximas eleccións, marca outro novo paso no ciclo de propaganda eleitoral. Neste, o adianto ven da man do…
-
Os Beléns de Ribadeo
Este ano, ó xa tradicional belén da Terceira Orde, sumaránselle outros moitos debido ó concurso de beléns organizado pola Agrupación Belenista de Ribadeo xunto co CCA, a máis do propio belén montado por aquela na antiga Casa Maseda (entrada por r/Villafranca del Bierzo). Non nos deixemos enganar polo título do seu blog, lembrando a película…
-
Ría de Ribadeo, non estuario
Coido que de novo este fin de semana pasou polas miñas mans unha nova periodística que identificaba a ría de Ribadeo como estuario do río Eo. Aproveito para aclarar algún punto que hai tempo tiña ganas de clarificar. Collo primeiro dúas definicións do DRAE (en castelán, claro): “estuario. (Del lat. aestuarĭum). 1. m. Desembocadura de…
-
Freewikileaks.eu
Hoxe non farei unha manifestación: Ribadeo está lonxe das grandes vilas e non haberá (polo momento) unha manifestación ribadense en favor de Wikileaks. Sirva ista entrada, visible ás seis da tarde, hora das manifestacións previstas, como un certo substituto. Hai varios días que quería escribir sobre o tema, pero entre onte e esta mañá houbo…