-
Pleno hoxe?
Hoxe parece que hai pleno ordinario. Digo parece porque a) os segundos luns de cada mes impar está establecido que o haxa, pero cando hai festas, ou por outras moitas razóns, retrásase unha e ata dúas semananas, e este mes aínda non houbo pleno. b) chegoume unha pregunta, da que din conta en parte o…
-
O vindeiro luns 17 vaise abordar a aprobación inicial do regulamento orgánico de participación cidadá do Concello
-
Vai de rifirafes
-
Falsedades sobre as pensións
-
Programando Ribadeo: xa non é o que era
A última medida rápida tomada polo concello é o apuntalamento da Torre dos Moreno. Despois de diversos avisos, aínda que rápida, era esperada unha medida semellante. Ademáis do apuntalamento, que se une á rede posta con anterioridade para evitar a caída de cascotes á rúa, implicará o peche da rúa Villandrando ó tráfico rodado e…
-
actualización da nota de prensa sobre a celebración dos 10 anos da Wikipedia
Celebración dos 10 anos da existencia da Wikipedia A wikipedia é unha enciclopedia, un conxunto de enciclopedias, diccionarios e outros repositorios de coñecemento basados na tecnoloxía wiki, e de creación comunal. O próximo 15 de xaneiro cumprirá 10 anos este proxecto distribuído de coñecemento libre. O Tesón, en contacto con outros grupos ó longo de…
-
Especialistas ad-hoc
-
Din que a covardía é un vicio
Así o atopo na wikipedia, aínda que non apareza na definición da Real Academia. De resultas, a persoa covarde sería asemade viciosa… Esperemos que un vicio máis non se extenda por Ribadeo. Despois de ‘escondendo a man‘, pasei pola casa da ría, e fixen fotos todo o contorno, coa intención de publicalas e comentar algunhas…
-
Trasliterando algo coñecido.
Recollo o coñecido texto de Martin Niemöller: “Primeiro viñeron polos comunistas e non dixen nada porque eu non era comunista. Logo viñeron polos xudeus e non dixen nada porque eu non era xudeu. Logo viñeron polos sindicalistas e non dixen nada porque eu non era sindicalista. Logo viñeron polos católicos e non dixen nada porque…
-
Escondendo a man
Maledicencias, mentiras interesadas, actos para danar … cousas inconcebibles pero que en moitas partes, en todo o mundo, están á orde do día. En Ribadeo, tamén: mesmo eu, hai non tanto tempo escribín sobre métodos mafiosos a conta doutro tema no blog e na prensa. Neste caso, o concelleiro de Medio Ambiente é o implicado,…
