Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Manirroto!

    Non creas que non vai por ti: sei que só por unha das débedas que tes terás que pagar 2 000 €. E siso sen contar as demáis. Ademáis, és idiota: unha parte importante das débedas que tes controxécheas para … subvencionar a quen máis ten e ó tempo a quen máis debes. E non,…

  • Fototeca(s) de Ribadeo

    Anda estes días pola prensa a realizacón dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputación cedía 5 000 € para a realización do proxecto, e logo tamén se avisou da posta en marcha, comezando a próxima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devolución…

  • De obras en Ribadeo

    Hai veces que nos atopamos cunha obra feita e case non nos decatamos de ónde saiu. Nestes momentos, en ribadeo hai varias obras que ocntribuirán a variar a paisaxe urbana, para ben ou para mal. deixo aquí dous pares de fotos, correspondentes a dúas obras, unha a piques de comezar e outra á que aínda…

  • Un momento, reflexión, hoxe hai folga?

    A crise necesita de reflexión para resolverse. A situación de perda de dereitos sociais, de algo máis: da defensa dos propios dereitos. Ben, as dúas propostas anteriores son incompletas por estaren reducidas ó máximo: quedan fóra por exemplo factores como o meter en vereda ós causantes da crise, para o que non chega a reflexión,…

  • Desfacendo caixa

    Dise ‘facer caixa’ cando se está a meter cartos na caixa e logo se contan, requisito previo para ganalos. Pero non vai a cousa nese sentido. En Galicia falouse a tempada pasada de facer unha caixa, que despois dunha longa xestión, trufada de política local, galega e española e combate entre poderes económicos, quedou tras…

  • O que deberan sar rarezas da sanidade

    Á cola chéganlle os movementos máis fortes do animal. Os que desenvolven máis rapidez, de xeito máis imprevisto para quen os sofre. Algo así pasa coas institucións, por exemplo, coa sanidade pública. Nos diversos movementos ós que se está a enfrontar, a sanidade parece máis estable nas zonas máis centrais e máis poboadas e máis…

  • Medidas preventidas

    É o título dun libro de pequenas obras a modo de pezas teatrais. Quizáis pouco que citar del como libro. Pero si como revulsivo. Un par de mostras, unha dunha da propia obra e outra da introducción: “T.-Aforre o da felicidade. A felicidade é sospeitosa.” “(…) Son medidas desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a…

  • Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades

    “Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades”… Isabel Coixet, en Público (na rede aparece unha versión diferente do artigo que en papel), en relación ás acusacións contra Garzón… ou, algunha das múltiples acusacións que se verquen en Ribadeo unha e outra vez, dende hai moito tempo, contra persoas que poden resultar incómodas, que son…

  • PINTADAS E VIDRIEIRAS, artigo de Pancho Campos

    (Publicado en La Comarca de 20110122) PINTADAS E VIDRIEIRAS En “A Mariña” de El Progreso, do pasado sábado (15-xaneiro-2011) aparecen, na páxina tres, dúas noticias sobre acontecementos que pasan no Concello de Ribadeo, sobre os que me gustaría suliñar varias cousas. Primeira: “Las pintadas de la Casa de la Ría van a quedar impunes”… “lo…

  • Reordeación da oficina de turismo

    Non sei de onde saiu a cousa, pero a Oficina de Turismo está reordeada. Máis vistosa, aínda que en canto ó aproveitamento práctico do espazo … A primeira imaxe, tomada do sigpac, a situación da oficina, co norte arriba, aparece ó norte o parque, ó leste o templete e a vella oficina de turismo, ó…