-
Pois queimouse
Un vídeo dunha parte dos fogos…
-
Queima do antroido pasada por auga
Minutos antes do que tería que ser a quema do antroido, deixa de chover. O antroido está empapado. En lembranza, unha foto desta mañá, co boneco máis ou menos seco no campo á beira da estación de autobuses. Queimarase hoxe?
-
Nota de prensa
Esta mañá enviei a seguinte nota de prensa a conto da aseveración do candidato socialista á alcaldía, de diversas cuestións que non son verdadeiras como base para dúas propostas, a retirada do pago mensual que o concello me aboa por sentenza xudicial e a imposición dunha taxa por medicións sonométricas en caso de que o…
-
A xenia do fútbol e a arte de Fabio
Onte, a entrega dos premios ós audiovisuais feitos nos colexios, ‘cine nas aulas’, para promoción da igualdade deu unha agradable sorpresa cunha curta de calidade. ‘A xenia do fútbol e a arte de Fabio’ presenta unha historia elaborada a partires dun guión sinxelo pero novidoso. Coido que contar máis sería estragar parte do encanto dunha…
-
Participando (e IV)
— 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte — ‘Todas as enfermidades da democracia poden curarse con máis democracia’ (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York) Despois dunha introducción ‘histórica’ e unha pequena análise ó Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate…
-
Rematou o antroido. Ou debera ter rematado: Manifesto para o 15 de maio
‘Manifesto para o 15 de maio’, collido do blog ‘tercera ola‘ e traducido ó galego. É un alegato para manifestarse antes das eleccións municipais. Pode parecer mesmo algo máis dunha charanga. Pero non o é. ” Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou…
-
O disfraz da torre dos moreno
… este ano decidiu disfrazarse …
-
8 de marzo
Tradicionalmente dende hai tempo o día de hoxe está dicado á muller. Segundo a fonte consultada, a denominación do día inclúe o termo ‘traballadora’ e/ou ‘internacional’. Por cousas do calendario de celebracións relixiosas, no día de hoxe tamén coincide este ano o martes de antroido. O anterior non implica nada en boa…
-
Sobre o apuntalamento do Torre dos Moreno
Últimamente sucédense as novas sobre a Torre. En particular, en relación ós cambios de man da propiedade, da que se espera que en breve quede en só dúas mans, Paisajes de Asturias e o Concello de Ribadeo, e o apuntalamento. Coido que ir ó anuncio oficial do apuntalamento pode deparar algunha sorpresa. Quedan colgadas en…
-
En prol dunha residencia de maiores
Comezou en Rinlo a plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo a súa camiñata para explicar os comezos do proxecto polas aldeas. Explicouse a xénese e as pretensións, e comezouse a asinar en apoio, segundo a folla de sinaturas que se pode descargar en publicado en Ribadeo, e entregar despois a alguén da comisión, ou…
