-
Outra candidatura: PP
Despois de ter publicado xa a candidatura do BNG, pásanme esta tarde unha das presentadas hoxe, a do PP: LISTA ELECTORAL DO PP DE RIBADEO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011 1 Manuel Valín Valdés 2 Manuel Yáñez Dablanca 3 Azucena González Loredo 4 Mª del Campo López-Braña Freije 5 Begoña…
-
Unha ollada sobre a A21L
Axenda 21 Local: un titulo para un conxunto de accións dirixidas a algo así como un desenvolvemento mantible no século XXI… É dicir, unha especie de ilusión en marcha. Onte houbo unha xuntanza en Ribadeo. Contando os coordinadores, máis de corenta persoas. Abondo máis de dúas horas despois de comezar algo tarde. Tentarei dar unha…
-
1984? Completamente superado.
1984 foi un icono literario emblemático dun futuro a evitar. Agora que a técnica avanza que é unha barbaridade, non só foi superado xa ese ano como tempo, senón que tecnolóxicamnete se pode facer un ‘gran irmán’ moito mellor doque permitían a vella técnica da novela. E, se alguén non o cree, unha ligazón ó…
-
3 000 entradas …
… o dato apareceu ó facer unha comprobación nunha edición dun artigo: 3 000 entradas na actualidade, sen contar ista, que é a 3 001. Dende o 11 de agosto de 2005, é dicir, en 2057 días ata hoxe, 30 de marzo de 2011, e polo tanto cunha publicación de case 1,5 artigos/día. A lembrar…
-
Psicoloxía política
En Ribadeo xa non se pode inaugurar máis. A normativa electoral é así. Iso dificulta o facer outro tipo de anuncios semellantes. Logo … logo hai que procurar outro xeito de anuncio. Por exemplo, a presentación das candidaturas. O tema arrancou xa hai tempo, coa designación de candidatos, que se foi espallando no tempo pero…
-
Deconstruíndo a construción en Barreiros
O Sábado 26 tivo lugar unha mesa redonda de ‘Máis talento, menos cemento’ no centro sociocultural de San Cosme. A afluencia non foi ampla: unhas sesenta persoas nun salón no que estaban dispostas case o dobre de cadeiras. Novidades tampouco houbo moitas. Pero coido que pagou a pena estar as dúas horas de conversa,…
-
Novo goberno
Xa non fan falta sondeos. Está cantado. Tampouco fan falta eleccións. Xa temos o novo goberno para o futuro, salvo unha revolución. Trátase do goberno dos 42. Xa non chegan as empresas do IBEX, e xa temos as fotos de familia. Mesmo xa hai presidente, se ben, claro está, non é electo, senón autodeclarado. Emilio…
-
Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas
Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais,…
-
Colaboración
Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación. Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a…
-
A ver se o entendo
Aparece na prensa que ‘Hernández afirma que los desmanes del urbanismo en Barreiros “no son únicos”‘, é dicir, que o Conselleiro Agustín Hernández, a punto de argallar (que non amañar) a legalización puntual dos ‘desmanes’ urbanísticosen Barreiros, en dicindo isto, deixa outros semellantes (iso si, que necesitan menos cartos para ser amañados) na cuneta. Salto…
