-
Acumúlanse os traballos
Esperei unha tempada para poñer esta curta nota. Hai xa tempo que se mandou taxativamente tirar altura dun edificio construído por G. Cao na r/Recarei. De feito, segundo os medios, o alcalde debera ter pagado xa case un ano de multa mensual por non telo feito. Non debe ser así porque se deu algún paso.…
-
E onte, pleno
Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores…
-
Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón
O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da…
-
Hoxe hai pleno
Si, pero estará enterado dos puntos da orde do día quen sexa…
-
O día da muller, en diferido
Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.…
-
Preguntas ó pleno de 20110321
A AVV O Tesón ten pasado unha nota de prensa ós medios indicando que presenta para este luns as seguintes preguntas no pleno (a máis das dúas que aínda ten sen contestar dende hai catro meses): 1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para…
-
San Xosé
Hoxe é San Xosé, celebrado como día do pai. Alguén terá a ocurrencia de relacionar a necesidade dun mellor coidado do dos pais e nais cando xa van maiores, hoxe na prensa? Ó fío da constitución da plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo, por exemplo…
-
Hai xa días,un comentario
Entre os ficheiros gardados para comentar que pouco a pouco van quedando vellos, algún sae a tempo do pó informático de cando en vez. Como unha nova de hai case dez días que consistía nunha entrevista ó alcalde de Barreiros. A entrevista era o de menos, pero chamoume a atención unha frase, en véspera eleitoral:…
-
A crise chega a porto
Unha nova de hoxe da Voz indica que 24 usuarios de Porcillán e Mirasol deben a Portos máis de 7 000 €, máis do 60% das débedas que quere cobrar o organismo público na provincia. A crise chega a porto mentras (por exemplo e por entrar só nun sector concreto) se nos di de xeito…
-
Unha curiosidade
Un niño de anduriñas e unha protección (unha bandexa vella de forno ou semellante, algo que non destaca sobre o fondo tamén branco) para que as súas cagadas non vaian nin ó resalte de adorno nin á beirarúa.
