-
Con dous días de retraso
Con dous días de retraso retomo algo que no seu momento non sei por que deixei parado: a ligazón ó xornal ‘15M News‘, descargable en pdf, o xornal dos indignados en Sol. Agora é José Mª quen me envía a ligazón, e á mañanciña vexo que paga a pena poñelo no blog. É xornal, pero…
-
Votantes traidores
Con retraso, bótolle unha ollada á Comarca da semana pasada. E atopo que, segundo un pequeno artigo, o PSOE foi traizoado polos votantes (enténdese que o PSOE ribadense polos votantes ribadenses). Coido que sinxelamente foi unha mala expresión que está a causar furor no pobo polo que podería significar de non ser iso, un erro.…
-
Entrado xullo
O verán de vacacións comezou. Xa me preguntaron onde estaba un hotel, e para ir (‘andando’) ás catedrais. Neste segundo caso, expliquei que había un bus ás praias. Pero, que eu saiba, non hai un bus ‘ás catedrais’ que poidera cubrir o servizo cun mínimo de resutlado por número de idas e voltas. Razón de…
-
Política, economia …
Últimamente chámanme moito a atención novas que trascenden en xeral moito o noso entorno máis inmediato, non só Ribadeo, senón tamén a comarca, ou Galicia. Todos sabemos que mentras os ricos se fan máis ricos, os pobres pola súa banda, ven aumentar o seu número e a súa pobreza, e séguense a aprobar medidas que…
-
No verán
Amencer na Illa Pancha (F. Graña) No verán é máis difícil coller un amencer: o sol levántase antes. A illa Pancha, nesta foto de Farruco, a parte de presentar unha perspectiva que só se da no amencer destes días, preséntanos un sol saíndo moitos graos ó norte, uns 30º, plenamente no mar, facendo parella coa…
-
Flecos da construcción
O concello non deberá indemnizar a Mahía. É unha nova xa vella, e áis aínda o episodio do convenio concello-empresa que, para facer unha modificación no plan e construír varios centos de chalets na zona do Costal, deu lugar a unha sublevación (suave) e Ribadeo. Son flecos que quedan da agresividade dun certo concepto de…
-
Cambios e raigames
Prohibido comer sobre o campo na Rapadoira, en Foz. Só se poderá facer sobre a zona habilitada para tal fin. Algo que se viña facendo hai tempo tentará de non poderse facer. O resultado xa se verá. O aspecto da zona, previsiblemente, mellorará. O alonxamento da xente da praia posiblemente disgustará a máis dun, tanto…
-
Aínda así, o cambio vai calando na xente
Onte houbo (debeu haber, que non asistín) asamblea cidadá en Foz. Non vexo nada na prensa de hoxe. Non obstante, está a crearse outro núcleo de asambleas en Burela, complementario / suplementario do itinerante pola Mariña e Occidente asturiano. E pouco a pouco váise facendo un cambio de mentalidade, de postura e de actuación. Non…
-
‘Podería pasar’
Hoxe vou forzar o salto a outra páxina para quen quera ler a entrada…
-
POPRAD, de Unity
Captura de pantalla dos datos do barco, esta mesma mañá. O barco, en Ribadeo, luns Pasou por Ribadeo a comezos de semana. E, segundo a imaxe primeira, vai agora mesmo camiño de Amsterdam. Pertence a UNITY, … e via internet poden sacarse datos e máis datos del. IMO Number: 8509002 Flag: Poland MMSI Number: 261479000…
