Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
46 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Entrado xullo

    O verán de vacacións comezou. Xa me preguntaron onde estaba un hotel, e para ir (‘andando’) ás catedrais. Neste segundo caso, expliquei que había un bus ás praias. Pero, que eu saiba, non hai un bus ‘ás catedrais’ que poidera cubrir o servizo cun mínimo de resutlado por número de idas e voltas. Razón de…

  • Política, economia …

    Últimamente chámanme moito a atención novas que trascenden en xeral moito o noso entorno máis inmediato, non só Ribadeo, senón tamén a comarca, ou Galicia. Todos sabemos que mentras os ricos se fan máis ricos, os pobres pola súa banda, ven aumentar o seu número e a súa pobreza, e séguense a aprobar medidas que…

  • No verán

    Amencer na Illa Pancha (F. Graña) No verán é máis difícil coller un amencer: o sol levántase antes. A illa Pancha, nesta foto de Farruco, a parte de presentar unha perspectiva que só se da no amencer destes días, preséntanos un sol saíndo moitos graos ó norte, uns 30º, plenamente no mar, facendo parella coa…

  • Flecos da construcción

    O concello non deberá indemnizar a Mahía. É unha nova xa vella, e áis aínda o episodio do convenio concello-empresa que, para facer unha modificación no plan e construír varios centos de chalets na zona do Costal, deu lugar a unha sublevación (suave) e Ribadeo. Son flecos que quedan da agresividade dun certo concepto de…

  • Cambios e raigames

    Prohibido comer sobre o campo na Rapadoira, en Foz. Só se poderá facer sobre a zona habilitada para tal fin. Algo que se viña facendo hai tempo tentará de non poderse facer. O resultado xa se verá. O aspecto da zona, previsiblemente, mellorará. O alonxamento da xente da praia posiblemente disgustará a máis dun, tanto…

  • Aínda así, o cambio vai calando na xente

    Onte houbo (debeu haber, que non asistín) asamblea cidadá en Foz. Non vexo nada na prensa de hoxe. Non obstante, está a crearse outro núcleo de asambleas en Burela, complementario / suplementario do itinerante pola Mariña e Occidente asturiano. E pouco a pouco váise facendo un cambio de mentalidade, de postura e de actuación. Non…

  • ‘Podería pasar’

    Hoxe vou forzar o salto a outra páxina para quen quera ler a entrada…

  • POPRAD, de Unity

    Captura de pantalla dos datos do barco, esta mesma mañá. O barco, en Ribadeo, luns Pasou por Ribadeo a comezos de semana. E, segundo a imaxe primeira, vai agora mesmo camiño de Amsterdam. Pertence a UNITY, … e via internet poden sacarse datos e máis datos del. IMO Number: 8509002 Flag: Poland MMSI Number: 261479000…

  • Cara ó oeste

    Lembra: podes amplialo premendo sobre el Mañá e pasado será nova Foz. Pasado, pola Asamblea cidadá ás 8 da tarde. Mañá, por unha ‘macrofesta fin de curso’. Entereime onte polos xornais. E, ó que parece, onte pola tarde había preto de 900 persoas apuntadas. Se consideramos que o fin de curso refírese ó ensino medio…

  • Asamblea cidadá en Ribadeo, Asamblea cidadá en Foz

    Atopo en Facebook a acta da Asamblea cidadá en Ribadeo. Á espera de que alguén a colgue no blog creado a tal efecto, deixo unha copia aquí abaixo. Este fin de semana que ven, a próxima Asamblea, será en Foz, sábado ás 20:00 horas. IV Asamblea ciudadanía del Occidente Asturiano y Mariña Lucense. Acto de…