Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
46 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Primeiro pleno ordinario do novo mandato

    Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención) Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense. Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos…

  • Cuestiona a autoridade. Pensa por ti mesmo. Se libre no teu modo de actuar. E permite o libre acceso.

    Movemento 15M? Aplicación para o regulamento de aprticipación cidadá de Ribadeo? … Tomei a cita de ‘As voces serán máis importates que os votos‘, entrevista no El País a Joichi Ito, neste momento máximo representante de Creative Commons.

  • Deconstrucción del dolor

    Venres pasado ás 8:30 da tarde no cine teatro. Recital de poesía de Silvia Murias. Pasou(me) sen oportunidade de ir. Sei del o que falei despois coa autora. No cine teatro, complementado con diapositivas. É diferente, pero pode cerrar parte da curiosidade: Anatomía del subterfugio. Del cómo tejer palabras para amortiguar la sordidez del golpe,…

  • Avance de actividade

    Cartel das xornadas A A. C. FRANCISCO LANZA de Ribadeo organiza as IX XORNADAS DE HISTORIA LOCAL para os días 14 e 15 deste mes de xullo, xoves e venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar. Este ano trataremos da historia recente da nosa vila. Por un lado, Enrique Rodríguez…

  • Novas dun vello tema

    Resulta que segue o ruído en Ribadeo, e segue a combaterse: A cousa é que pouco a pouco vaise facendo camiño. Os que comezamos o recorrido hai longo tempo podemos apreciar o feito maís en perspectiva. O avance. E o que falta. en particular, en mentalidade empresarial. E repetindo unha vez máis que non se…

  • Búscanse persoas.

    Búscanse persoas. Calculo que por esta chegará cunhas catrocentas cincoenta ou cincocentas para non ter que estirar moito os brazos. O 23, sábado, está pensado que as marchas de indignación cheguen a Madrid. E, para acompañalas no esprito, aquí está previsto facer unha cadea humana ó longo da ponte dos Santos. Será o 23, sábado,…

  • Convocatoria de Asamblea da AVV O Tesón

    Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no restaurado local do lavadoiro (rua dos Fornos) o venres día 8 de xullo ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que non se fará por falta de quorum) Os puntos previstos na orde do…

  • IASA, despois da Empresa Ribadeo

    Portada do libro Sábado 1 de xullo, na Casa das Letras,tivo lugar a presentación do libro Un momento da presentación Moisés, o impulsor principal do libro “O ideal Auto” (ISBN 978-84-614-6364-0). O libro ven precedido de diversos movementos en internet, dende a creación dun grupo en Facebook á creación asemade da entrada ‘Empresa Ribadeo’ na…

  • Con dous días de retraso

    Con dous días de retraso retomo algo que no seu momento non sei por que deixei parado: a ligazón ó xornal ‘15M News‘, descargable en pdf, o xornal dos indignados en Sol. Agora é José Mª quen me envía a ligazón, e á mañanciña vexo que paga a pena poñelo no blog. É xornal, pero…

  • Votantes traidores

    Con retraso, bótolle unha ollada á Comarca da semana pasada. E atopo que, segundo un pequeno artigo, o PSOE foi traizoado polos votantes (enténdese que o PSOE ribadense polos votantes ribadenses). Coido que sinxelamente foi unha mala expresión que está a causar furor no pobo polo que podería significar de non ser iso, un erro.…