Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Calendario de actividades culturais do concello para o trimestre xullo-setembro 2012

    Pódese descargar en publicado en Ribadeo, ou diretamente do mesmo sitio.

  • Hoxe, martes 10 de xullo haberá pleno

    Anímaste a ir ó pleno? Normalmente é os luns, pero iste retrasouse ó prever a falta de varios conselleiros. Teño que dicir que non puxen antes o documento porque non o din atopado, o que fixen en contacto electrónico cun concelleiro, e, ó que parece, alomenos parte da culpa, senón a totalidade, de non telo…

  • Esto non é fútbol: en Europa ganamos ou perdemos todos xuntos

    O título? corresponde a unha cita de Wolfgang Schäuble, Ministro alemán de Facenda, e apareceu onte no El País… Fai falta que lembre o estado actual da prima de risco, a negativa a prestar ós bancos españois diretamente, sen garantías do estado español, os novos ‘venres negros’ de Rajoy, … e claro, a victoria na…

  • O Ideal Auto, libro na web

    Despois dun tempo para a súa difusión, remato de subir o pdf do libro ‘O Ideal Auto’, que se presentou o ano pasado na Casa das Letras en versión papel.

  • Ecos do Finisterre

    A traverso de Ángel Alda chego a unha entrada noutro blog sobre Martín Sarmiento e o pensamento de usar Finisterre como orixe de lonxitudes terrestres. Interesante tema na historia da ciencia en relación coas nosas posibilidades materiais, que me leva a ligalo tanto co empeño de hai algún tempo de variar a hora legal en…

  • Recoñecemento

    Hai días deixaba nota da petición de O Tesón dun recoñecemento a Gilberto Suárez, que se viría a unir a outros recoñecementos pendentes en Ribadeo. Parece que o Concello recolleu o guante e aparece na súa web un longo listado (impreciso polo momento) de recoñecementos que se farán no próximo pleno de Ribadeo, aínda que…

  • Variedade en Ribadeo

    A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a anécdota de que o coche podía ser de calquera cor, sempre que fóra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta á diversidade ou como imposición…

  • As dúas caras da moeda

    Traballo si, defensa de Alcoa. Ven sendo unha consigna que se materializará mañá nunha manifestación. E si, a necesidade de traballo tal como se enfoca a sociedade é evidente. A defensa de Alcoa, xa non tanto. E é que, aínda que nos toque máis de preto, voltamos a un secuestrar ós obreiros para beneficiar a…

  • Exposición de maquetas e documento

    Onte xa tarde pasáronme o pdf da exposición de maquetas que está a ter lugar estes días no Forte de San Damián. Xa tiña ganas de ir vela, e unha ollada ó documento aumentounas. Polo momento, non podo dicir máis porque non fun visitala. Puxen unha ligazón ó documento principal en publicado en Ribadeo, xunto…

  • Asamblea da asociación ‘Puente de los Santos’ 20120629

    A ‘Puente de los Santos‘ é unha asociación que veu a luz con JC Andina de alcalde de Ribadeo, constituída para promover o desenvolvemento de Castropol e Ribadeo, e na que o 25% do voto corresponde a cada un dos dous concellos, a presidencia ó de Castropol e a secretaría ó de Ribadeo. Coa misión…