-
Variedade en Ribadeo
A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a anécdota de que o coche podía ser de calquera cor, sempre que fóra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta á diversidade ou como imposición…
-
As dúas caras da moeda
Traballo si, defensa de Alcoa. Ven sendo unha consigna que se materializará mañá nunha manifestación. E si, a necesidade de traballo tal como se enfoca a sociedade é evidente. A defensa de Alcoa, xa non tanto. E é que, aínda que nos toque máis de preto, voltamos a un secuestrar ós obreiros para beneficiar a…
-
Exposición de maquetas e documento
Onte xa tarde pasáronme o pdf da exposición de maquetas que está a ter lugar estes días no Forte de San Damián. Xa tiña ganas de ir vela, e unha ollada ó documento aumentounas. Polo momento, non podo dicir máis porque non fun visitala. Puxen unha ligazón ó documento principal en publicado en Ribadeo, xunto…
-
Asamblea da asociación ‘Puente de los Santos’ 20120629
A ‘Puente de los Santos‘ é unha asociación que veu a luz con JC Andina de alcalde de Ribadeo, constituída para promover o desenvolvemento de Castropol e Ribadeo, e na que o 25% do voto corresponde a cada un dos dous concellos, a presidencia ó de Castropol e a secretaría ó de Ribadeo. Coa misión…
-
Enquisas de opinión
No el País do domingo aparecía o seguinte gráfico: Corresponde a unha enquisa de Metroscopia, institución adicadaa isto das enquisas. Non din atopado unha serie temporal para facer as gráficas comparativas ó longo do tempo, co que terei que quedarme con cosas máis ou menos ocmentadas nos xornais: os xuíces uspenden, quedando por tras dos…
-
Ribadeo foi unha festa … pasaxeira, que por iso son festas
Visto en internet, escrito por Ignacio Escolar: Ya sé lo que siente un argentino: fracaso económico y éxito futbolístico. E foi unha festa, pero non das correntes. Estábase a celebrar antes de que sucedera, baixo o lema de ‘e eu, máis’. Non importou gransgreder, sempre que se mantivera a cousa dentro das consignas do día.…
-
En que quedamos? De luz, crise e taquígrafos
Os paxariños cantas nunha mañá con nubes sen frío nin calor. España xa ten rival nunha final de europa á que se aproximan os perdedores na economía, como naquel conto de ‘agraciado en el juego, desgraciado en amores’, contra unha Italia que derrotou claramente a Alemaña mentras Paña tivo que aquilatar penaltis contra Portugal. Coñecemos…
-
O Tesón convoca asamblea. Actualización cunha petición para Gilberto
Xunto coa entrada anterior sobre a asamblea de O Tesón, unha nova: tratarase da petición do nome de Gilberto Suárez Méndez para unha rúa en Ribadeo.
-
1000 €, 300000 € e outras nimiedades
Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras: 1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata. 2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas. Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por…
-
27ºC
Boto unha ollada ó lateral e voxo a previsión do tempo para hoxe en Ribadeo: 27ºC de máxima. Pasaremos calor aínda que esteña oculto o Sol e poda chover.
