Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Estudando os resultados das galegas 2009

    Só son 5 gráficos, collendo os datos das pasadas eleccións autonómicas (2009). Poden parecer semellantes, pero veremos a continuación que expresan diferenzas notables. En particular, porque as cores non teñen a mesma asignación nuns e nos outros … Por partes: Gráfica 1. Normalmente, en Galicia, falando de partidos, sóese falar do ‘3 grandes’ e o…

  • ‘Paralizaron miles de vivendas en Barreiros para nada’

    O título corresponde a un titular de xornal de onte. As verbas son postas en boca do alcalde de Barreiros. E estou de acordo con elas, pero coido que por motivo diferente que o alcalde. A postura do alcalde ven sendo a de ‘vedes, non hai nada, deixade de molestar’, amparándose en resolución xudicial. Polo…

  • Unha lembranza externa (entre outras moitas posibles) para o comezo de campaña

    Chego a traver de Ángel Alda a un artigo do Huffington Post. Trata de traballo e corrupción, emigración e desolación, futuro sin presente e presente sen futuro … É un máis, pero non un menos: un máis entre os escritos, pero non un menos por escribir, porque a materia da que trata non nota que…

  • Estou en campaña

    Con anterioridade a hoxe, o Partido Pirata apareceu no blog en dúas ocasións (1, 2) Hoxe aparece unha terceira con motivo da publicación das listas electorais. Si, xa sei que foi hai algúns días. E eu mesmo, no xornal (Voz, 21 de setembro, non hai versión na rede), non lle din importancia algunha, cualificando a…

  • Comeza ou comezou?

    Din que esta noite comeza. Non é certo: a campaña electoral leva xa en marcha dende as pasadas eleccións, se ben pola dispersión destes últimos tempos, algúns grupos só puideron sumarse a ela cando se constituíron, hai pouco. Din que comeza, pero a Xunta Electoral xa leva uns cantos apercibimentos, en particular ó PP. Sancións?…

  • corrección da entrada de datos meteorolóxicos última

    Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html

  • Denuncia da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo

    –/Recomendable ver o vídeo/– DE: Evaristo Lombardero Rico, presidente de la Plataforma por la Defensa de la Ría de Ribadeo A: Fiscalía de Medio Ambiente. Asturias Sr. Fiscal de Medio Ambiente de Oviedo: En nombre y representación de la Asociación Vecinal, Cultural y Ecologista PLATAFORMA POR LA DEFENSA DE LA RIA DE RIBADEO debo poner…

  • De viaxe

    Unha crónica tranquila: Este fin de semana O Tesón foise de viaxe. Curta, só a Mondoñedo. Intensa ó tempo que tranquila, aínda que con algún susto. 19 persoas collemos o autobús e en xeral tivemos unha primeira impresión do trazado da autovía ó ser contemplada a costa dende o alto dun autobús e non dende…

  • Poder absoluto

    Dise que a realidade supera á ficción. Ténse demostrado en moitas ocasións ser así (noutras, a ficción vai moi por diante). Onte pola noite cheguei a ver unha película de acción que xa tivera visto en parte. Enganchoume unha frase, repetida despois de xeito parello por varios protagonistas: “él púxome onde estou”. A primeira vez…

  • Xuntanza política

    Onte estaba convocada e tivo lugar unha xuntanza no local do restaurante Costa Verde para presentar a AGE, Alternativa galega de esquerdas. 35 persoas pasaron por alí, de diversas formacións políticas algúns, os organizadores, e xente non afiliada a ningunha a maioría, a maioría mesma, como corresponde á realidade social. Dous candidatos mariñanos, entre eles…