Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • ¿QUE E UN PORNA? – artigo de Evaristo Lombardero Rico

    ¿QUE E UN PORNA? Dende hai varios anos vimos insistindo na necesidade de que a Ría de Ribadeo conte con un PORNA, pero coido que nunca explicamos o que significa esta palabra. PORNA son as iniciais de PLAN DE ORDENACION DOS RECURSOS NATURAIS. ¿E qué importancia ten ésto de ter un Plan de Protección dos…

  • Proposta para un día de reflexión

    Achégase o que se chama fin da campaña, e antes do día das votacións, hay teoricamente un día de reflexión. Teóricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo aínda hai varios das eleccións pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixarán de lembrar ós candidatos, etc. Ben, se se quere…

  • Un par de detalles

    Catro días de campaña, contando o presente. E cáusame curiosidade que hoxe non atope en internet o gráfico enquisa da Voz, mentras aparece como nova principal que se van de Galicia tódolos meses 2 000 persoas de entre 20 e 34 anos. Onte mesmo comentáballe por escrito a un amigo que a percepción sobre o…

  • Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo

    Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo…

  • Xestores, empresarios, emprendedores …

    Dun tempo a esta parte, o uso das verbas vese acelerado no seu cambio (no dalgunhas) en función de intereses de propaganda e/ou idea. Hai alguns cambios que se pretenden e que son patentes, aínda que sexa difícil deter o cambio unha vez comezado, por diferentes razóns, en particular porque ditos cambios soen imporse ós…

  • Creando opinión

    Esta semana comezou o barómetro electoral da Voz. A día de hoxe, o que presenta é isto. Nin na web nin en papel vin os datos correspondentes para analizar a validez ou significatividade da enquisa. Certo que a empresa recibiu hai non moito unha xugosa subvención por propaganda, pero aínda así dubido que día a…

  • Debuxando coa choiva

    Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas. As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas. A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste: Vemos abaixo a ponte dos Santos  nun momento de…

  • Amenceres dende o IES de Ribadeo

    [Versión algo máis didáctica en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/clase-de-astronomia-o-natural.html] A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada no traballo (o meu) coincide co amencer, e de xeito direto ou atraverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o…

  • Non hai contedores de lixo (con comida) abondos?

    Iso é o que se prantexa un comentarista ante a nova “Báñez prevé que España perderá un millón de habitantes por la emigración en la próxima década“. Ante a situación poboacional galega, teño deixado xa máis dunha entrada. Neste cso, déixoa ante a situación xeral española, cun agravante: se ben xa non estaba boiante antes…

  • E se no 2009 tiveramos 61 escanos?

    Que tería pasado? Ben, queda primeiro o reparto de escanos, en función da poboación. Como o estatuto establece que cada provincia ten un mínimo de 10, e o resto repartese por poboación, a distribución, unha vez axustada ó novo censo e feito o redondeo, coido que quedaría (a falta dun axuste máis finosegundo os criterios…