-
Un premio xa esquecido
Só unha foto e un detalle da mesma …
-
Antroidadas
Despois do ano pasado, ó chegar esta época, sería de esperar que o esprito do antroido poidera levar á xente, en xeral, a amosarse como é. Así, por exemplo, levaría ós corruptos a amosar a súa corrupción sen cortapisas. Mais, ó chegar, o que se ve é que a corrupción está xa tan á vista,…
-
Entrevista na ORT sobre a asamblea de O Tesón
Unha entrevista sobre a AVV O Tesón neste ano e no pasado, a Pancho Campos e a min, antonte xoves pola noite.
-
Se o sal se volve soso, quen o salará? / Se o hospital enferma, quen o sanará?
O título é na súa primeira parte unha frase da biblia que se repite moitas veces en diversos actos eclesiásticos. Na segunda, unha referencia ó hospital de Burela que estes días estivo enfermo, e padece un mal abondo común: o stress de non dar feito por falta de mans, de espazo e de material. O…
-
A Mariña está parada, pero non para
Non é contradición: o paro aumentou na comarca ata doble que hai cinco anos ou un 7,7% máis que o ano pasado, coa mesma tónica xeral que en España enteira. E, o mesmo día que sae a relocer este dato, indicios de novos medres desta cifra: nun alarde de amabilidade comunicativa, a empresa auxiliar de…
-
Ribadeo do Conde
Coñezo dous títulos nobiliarios relacionados con Ribadeo: Marqués da ría de Ribadeo, e Conde de Ribadeo. Despois de testar Cayetana de Alba [atención: esta entrada estivo por erro un tempo dando por morta a Cayetana], o seu fillo reclama o título, e o alcalde dalle a benvida coa esperanza dunha mellor relación. Naturalmente, iso non…
-
A cor dos cartos e a construción das frases
Onte estiven escoitando a radio e vendo a televisión dun xeito desproporcionado para min. E deume tempo para reflexionar sobre o diñeiro negro e contradicións na fala. Sobre diñeiro negro porque parece que iso non existe, que os cartos só teén a cor dos billetes e o reflexo das moedas, e que poden ser mesmo…
-
Estatísticas nas que sae España relacionadas coa economía na UE
De The Economist, con unhas cantas posibilidades, que permite comparar o estado macroeconómico español cos dos socios da Unión Europea. Abaixo, da paso a unha serie completa doutros conxunto estatísticos. Deixo unha táboa que non vira antes en ningures (refírome á parte dereita): Ou sexa, que, segundo The Economist, en outubro, o segundo estado con…
-
Asamblea da AVV O Tesón de Ribadeo
Sábado foi a asamblea da AVV O Tesón de Ribadeo. Collo de http://o-teson.blogspot.com.es/2013/02/acta-provisional-sen-ter-sido-aprobada.html a maioría dos puntos fundamentais da orde do día, o 2 e o 3: 2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades En resume: 849 € de saídas, 940 € de entradas, acumulando en caixa case 100 € Apúntase…
-
A Ribadeo, pola patroa
Hoxe foi a xornada de avistamento de aves co gallo do día dos humedais. Esta mañá, un autobús de Eocar ás ordes de Enrique Sampedro deu a volta á ría parando en sitios con posibilidades para ver aves. E vímolas. No fondo da Liñeira, na praia de Salías, no puntal de Castropol, e no mirador…