-
Recibindo o 14 de abril en Ribadeo
Xa comezado … E logo continuado. Letra e +.
-
Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla
O título é o resume da charla de hoxe no C.N. de Ribadeo a cargo de Miguel San Claudio Santa Cruz, representante da empresa Archeonauta. O pecio non se sabe aínda cal pode ser (hai hipóteses, pero só iso), despois dunha escavación superficial de 20 días ó ser descuberto a partires de atorarse a pipa…
-
Sobre as obras na Torre dos Moreno
Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante. Da fronte do edificio xa hai fotos…
-
Ribadenses de antano
Esta mañá escribín ‘nada novo baixo a choiva’ en Ribadeo. Esta tarde, Celia castro fíxome chegar un artigo novo: Ribadenses de antaño, presentado onte mesmo co conxunto da revista da que forma parte e que xa colguei en Publicado en Ribadeo. Trátase dun artigo feito a partir de pinturas de Dionisio Fierros que pon en…
-
Nada novo baixo a choiva
A choiva (chuvia da maioría) segue esta mañá, mentras baixo ela váise desenvolvendo o día que comeza sen novidades. Porque xa non é novidade nin o que expresa a sátira de Fontdevilla, ou que se saiba o que xa se intuía sobre as preferentes: que era sabido polas autoridades que non eran legais. En Ribadeo,…
-
Unha pequena homenaxe
No blog, deixar un minuto de silencio non ten sentido, e unha páxina en branco pode que non se entenda. Morreu José Luis Sampedro,e súmome ás homenaxes que está recibindo deixando un par de ligazóns a dúas coleccións de citas súas. DEP. José Luis Sampedro en wikiquotes. José Luis Sampedro en El Diario.es.
-
Un ano máis, a feira da ciencia
Un ano máis, xa estamos na primavera, e con ela, xa ten chegado a época da feira da ciencia de Ribadeo. Dende 1995, ano tras ano vénse celebrando en Ribadeo unha exposición de ciencia feita por e para escolares, aínda que houbo anos que foi unha exposición de ensino e case sempre as visitas superaron…
-
Ribadeo nun pequeno lugar de Austria
Dornbirn, en Austria, ten unha extensión como concello algo maior que Ribadeo, e unha poboación cousa de catro veces a de Ribadeo. Non ten mar e si montañas nevadas. Alí se celebrou onte unha do feixe de concentracións de #nonosvamosnosechan, cunha pequena representación, todos os emigrados españois de nova xeración do lugar. 10 persoas novas,…
-
Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.
Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.
-
Resemanita santa
Vexo as fotos da semana santa infantil de Viveiro e lémbrame o antroido. Si, debe ser curioso ver os cativiños pequenos facendo de maiores, xogando a selo, nunha mistura de disfraz de antroido e arte sacro corrupto, convertido ó paganismo. Será porque non o entendo, pero diría que se a igrexa católica, esa estrutura temporal…