Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pensamentos lixeiros para agosto: unha exposición

    Continuación de familia que expón unida… Resulta que na exposición había unha petición: colgar fotos nunha rede social. Pois vai, aínda que non sexa direitamente na rede. Desfrutaches? Porque diso se trata (tamén!)

  • Pensamentos lixeiros para agosto: familia que expón unida…

    Voltou pola miña cabeza aquel dito de tempo hai, ‘familia que reza unida, permanece unida’, pero aplicado ó Ribadeo dos tempos modernos, unha actividade diferente do rezo e que, sen faltar a permanente unidade, desfruta unida. A cousa vai pola expo dos vestidos das Nancy que se montou a xente Pinona [atención, Nancy, non Barbie!…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

        Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán     Cando hai algún…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: noites de agosto

    Ante o Sol logrou facerse ocos entre as nubes. Iso non impediu comentar a algún visitante co xersei posto que non era que fixera fresco, senón que facía frío. Ben, coido que non era para tanto, e pénsollo dicir. Nin pola noite, aínda que si se aguantaba ben algo máis que unha prenda fina de…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: minoría impositiva

    No tórrido verán ribadense albíscase como un espellismo unha maioría absoluta do 40% do 60?%. Non, ‘?’ non é unha errata, senón a manifestación dunha inseguridade moi diferente da seguridade de Rajoy, ó expresar a porcentaxe posible de votos válidos a partidos emitidos nunhas supostas eleccións. Como 0,4*0,6 = 0,24, isto é , 24%, pode…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!

    A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: o conto de nunca (a)ca/b/var

    Voltou agosto, ano tras ano, e de xeito cuasi anual, dende hai unha década, protesta polo ouro en Tapia de Casariego. Iso si, cada ano o ‘conto de nunca acabar’ que se resiste a ser o ‘conto de nunca cavar’ presenta cambios para que nada cambie, como sentenza o dito: ben é unha nova empresa…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: (novo) plan xacobeo

    Hoxe aproveitei a oportunidade de botarme un ‘La Nueva España’ ó garete. Coido que pode dar moito xogo no futuro o que fun albiscando entre as súas páxinas. De pronto, atópome non menos de catro artigos sobre o xacobeo, a máis de otear que un deles é o décimo terceiro dunha serie sobre o camiño…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: Ribadeo, capital real

    Xa pasou.  A representación máis destacada das representadas este verán en Ribadeo foi, para min, o ‘caso visita “reaal”‘. Unha sorte para o alcalde que a cousa tivera dúas verquentes. Unha, a relacionada coa casa real, o uso e abuso do seu nome e cousas relacionadas. A outra, a ribadense. Coido que non somos minoría…

  • Pensamentos lixeiros para agosto. A morte da galiña

    A galiña dos ovos de ouro. Os cantís de Augas Santas son algo parello (ou poden selo) para Ribadeo. E agora, despois de anos de xestión deficiente [poderíamos deixalo en insuficiente?], ven a moda que pode facer rematar un monumento como unha escultura de restos aderezada con letreiros estilo servizos descoidados. Fálase de matar a…