Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Loitas ou pasas?

    A loita estase a achegar. En Viveiro, dous pais (dúas nais) foron denunciadas por defender que no IES Vilar Ponte deberan repoñer a praza que suprimiron. No medio, claro, voltas e reviravoltas de acusacións e outras manobras. Resulta agora que cunha nova dirección sinalada a dedo despois da dimisión da anterior, o centro pode funcionar…

  • a asemblea de O Tesón

    Copiado de http://o-teson.blogspot.com.es/2014/10/borrador-da-acta-da-asemblea-xeral.html: Borrador da acta da asemblea xeral mantida o 20141011  Asamblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón Alto do Cantón Bar, 20141011, 20:00, con asistencia de 5 socios. Antes de comezar decídese trasladar a asemblea ó alto do Cantón bar. 1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior Dáse por lida…

  • Sorpresa!

    Recollo dunha rede social (comunidade ‘Ribadeo’ en Facebook) unha dunha serie de fotos do efecto a última baixamar en marea viva na rada do porto pesqueiro. O barco é o Villaselán, sobre as 11:34, marea baixa moi viva (coef. 104), pero como especifica o apunte da foto, o vento era de compoñente sur, o que…

  • Catedrais, Ribadeo, futuro

    Hai algún tempo saltou ós medios que o plan preliminar para As catedrais estaba listo. Pouco despois recollín nunha entrada as ligazóns e algún pequeno comentario. Dez días despois volto ó tema. Dende a entrada no blog, pouco ou nada se sabe dos anunciados encontros do alcalde con empresarios e veciños da parroquia, de comentarios…

  • Nós e vós, uns

    A cousa preséntase así: preséntase unha lista de xente plana, ordeada por orde alfabética de apelidos, e sae nalgún medio con persoas destacadas e o resto da lista como xente complementaria. Resulta que o destaque é por motivos alleos ó da creación da lista. Algo así como por ter cara máis coñecida con anterioridade, equivalente…

  • A reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón

    Ben conservada está a reserva da biosfera… Sete anos despois da súa creación constitúese o órgano que ten que rexila. Reserva da biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Se un pasa cara a Madrid, por exemplo, recorre pola reserva uns oitenta km dende Ribadeo, con paisaxes e terras que pouco teñen que ver,…

  • Mercado en Ribadeo

    Dende hai varios anos o mercado Ribadeo está no tapete. Superficie ocupada, cotas a pagar, e agora, limpeza. A superficie foi a primeira das polémicas, ligada á das cotas asociadas para dispoñer dela. Dunha medida linear, mal feita e incumprida, pasouse a outra medida baseada nos metros cadrados ocupados, delimitando con marcas no chan un…

  • Ribadeo en Común: manifesto

    Ribadeo en Común MANIFESTO    Un grupo de veciños e veciñas de Ribadeo plantexámonos -como fan tamén noutros lugares de Galicia e de España- a necesidade de que a cidadanía participe e controle de xeito real a xestión dos asuntos públicos.    A nosa iniciativa non vai dirixida contra ninguén, non responde ao interese de…

  • Orzamentos? Elixe…

    Mentras en Ribadeo o PP tenta enzarzarse nunha liorta co equipo de goberno a conto de que Ribadeo tivera un superavit de 800 000 € no 2013, a Mariña cae en presuposto da Xunta e do goberno Central, dando ademais cun canto nos dentes por ter adicado, segundo as institucións, cantidades como dous millóns de…

  • Sobre a depuradora de Ribadeo

    Marzo de 2011: inauguración da estación depuradora de augas residuais de Ribadeo. Setembro 2014: asinado o contrato para comezar o replanteo para construír o emisario. No medio, tres anos longos. Na imaxe, embaixo no centro esquerda, a xa non tan nova depuradora. Á súa beira dereita, a moito máis pequena antiga EDAR. Na parte superior…