Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pensamentos lixeiros para agosto: lixo ou merda?

    Din ‘ao césar, o que é do César, a Deus, o que é de Deus’. Luns pola mañá. A primeira hora, verquidos no contedor do vidro de cascos con contido deixan a rúa máis ou menos como se ve. Unha veciña do edificio chama ó concelleiro encargado do lixo. Primeira hora da tarde: a rúa,…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: luz sobre Ribadeo (e temperatura!)

    Mércores de calor. Tamén mércores de luz. As fotos, á tarde, sobre o parque dan testemuña. A gráfica de temperaturas dos últimos días dan tamén testemuña da temperatura. A máxima temperatura de onte, mércores: 30,23ºC ás 14:10 UTM (12:10 hora oficial). A outra punta de altura semellante, 30,06ºC á mesma hora o día 25:

  • Constituído o Círculo Podemos de Ribadeo. Nota de prensa

    Dende o pasado venres, Ribadeo conta cun Círculo Podemos. Somos conscientes de que non somos unha institución rematada, nin queremos sela: un lugar onde xente viva tenta afrontar problemas, propoñer solucións e axudar a implantalas non pode ser algo ríxido. Menos aínda ó comezo, cando está todo por facer e a xente que se vaia achegando…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: un faro, un hotel

    Destas que pasas polo concello con algo de tempo e miras. A de cousas que hai de información entre papeis soltos, desordenados, solapados, misturados, caducados… e descoñecidos pola cidadanía en xeral. Onte atopeime un, xa caducado tempo hai, que me chamou a atención. Trátase da petición dunha empresa, ‘Eiroba A Mariña, S.L.’, ante Portos (Autoridade…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: Os actos do Centenario do nacemento de Dionisio Gamallo

    Rematou a primeira parte dos actos previstos para a celebración do centenario de Dionisio Gamallo. A segunda será en setembro. Era a miña intención gravar e colgar as gravacións dos actos no teatro e na biblioteca. Síntoo, as gravacións son pésimas, polo que non aconsello escoitalas (a que mellor está é a de música, e…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: o doce aviso do fin do verán

    Esta rematando o verán. Sabemos que moitas veces, setembro ven bo abondo e cúmprese que o fin do verán metereolóxico coincide máis ou menos co fin do verán astronómico (arredor do 21 de setembro), aínda sen ter que coincidir que faga bo tempo durante o mes de agosto, por exemplo. De calquera xeito, tamén sabemos…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: unha exposición

    Continuación de familia que expón unida… Resulta que na exposición había unha petición: colgar fotos nunha rede social. Pois vai, aínda que non sexa direitamente na rede. Desfrutaches? Porque diso se trata (tamén!)

  • Pensamentos lixeiros para agosto: familia que expón unida…

    Voltou pola miña cabeza aquel dito de tempo hai, ‘familia que reza unida, permanece unida’, pero aplicado ó Ribadeo dos tempos modernos, unha actividade diferente do rezo e que, sen faltar a permanente unidade, desfruta unida. A cousa vai pola expo dos vestidos das Nancy que se montou a xente Pinona [atención, Nancy, non Barbie!…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

        Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán     Cando hai algún…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: noites de agosto

    Ante o Sol logrou facerse ocos entre as nubes. Iso non impediu comentar a algún visitante co xersei posto que non era que fixera fresco, senón que facía frío. Ben, coido que non era para tanto, e pénsollo dicir. Nin pola noite, aínda que si se aguantaba ben algo máis que unha prenda fina de…