Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pensamentos lixeiros de agosto: medrando con cultura

    Este verán Ribadeo rebosou actos. Imposible seguilos todos. De cultura ou deportes, para un ou outro gusto. O día de San Ramón (felicidades!), o 31 de agosto, Ribadeo xa nota algo o baleiro deixado pola xente que se foi, aínda a pesares de que comezaron unhas festas que alongan o seu nome por máis de…

  • Os caramelos da Xunta ao ‘neno Ribadeo’ pedindo residencia

    Corto e pego, cun pequeno comentario posterior, un artigo de J.Mª Rodríguez publicado hoxe no seu blog: — LOS CARAMELOS DE LA XUNTA DE GALICIA Enseñarle un caramelo a un niño para ensañarse con él después demorándole la entrega mediante estrategias de entretenimiento me parece un acto de sadismo y de crueldad. Pues eso y…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: pensando en lonxe de Ribadeo

        A foto foi tomada esta mesma mañá de sábado ne Ribadeo, no porto de Mirasol. Un par de camións adicados o transporte internacional a tres mil quilómetros da súa casa, en Ucraína. Alí, cóntannos, hai unha guerra. E antes, un golpe de estado, e actuacións de grupos paramilitares de ultradereita, e expresidentes que a…

  • Para unha plataforma cidadá de cara ás municipais en Ribadeo

    Aínda que ando polo tema, non asumo ó 100% a seguinte ‘reflexión persoal’ (coido que ten algunha incorrección involuntaria) pero si no fundamental. Chegoume hoxe ó correo, e hoxe a distribúo: ” Ola a todos. Escríbovos esta reflexión persoal co obxecto de animarvos a asistir ao nacemento da Plataforma Cidadá cara ás eleccións municipais de…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: lixo ou merda?

    Din ‘ao césar, o que é do César, a Deus, o que é de Deus’. Luns pola mañá. A primeira hora, verquidos no contedor do vidro de cascos con contido deixan a rúa máis ou menos como se ve. Unha veciña do edificio chama ó concelleiro encargado do lixo. Primeira hora da tarde: a rúa,…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: luz sobre Ribadeo (e temperatura!)

    Mércores de calor. Tamén mércores de luz. As fotos, á tarde, sobre o parque dan testemuña. A gráfica de temperaturas dos últimos días dan tamén testemuña da temperatura. A máxima temperatura de onte, mércores: 30,23ºC ás 14:10 UTM (12:10 hora oficial). A outra punta de altura semellante, 30,06ºC á mesma hora o día 25:

  • Constituído o Círculo Podemos de Ribadeo. Nota de prensa

    Dende o pasado venres, Ribadeo conta cun Círculo Podemos. Somos conscientes de que non somos unha institución rematada, nin queremos sela: un lugar onde xente viva tenta afrontar problemas, propoñer solucións e axudar a implantalas non pode ser algo ríxido. Menos aínda ó comezo, cando está todo por facer e a xente que se vaia achegando…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: un faro, un hotel

    Destas que pasas polo concello con algo de tempo e miras. A de cousas que hai de información entre papeis soltos, desordenados, solapados, misturados, caducados… e descoñecidos pola cidadanía en xeral. Onte atopeime un, xa caducado tempo hai, que me chamou a atención. Trátase da petición dunha empresa, ‘Eiroba A Mariña, S.L.’, ante Portos (Autoridade…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: Os actos do Centenario do nacemento de Dionisio Gamallo

    Rematou a primeira parte dos actos previstos para a celebración do centenario de Dionisio Gamallo. A segunda será en setembro. Era a miña intención gravar e colgar as gravacións dos actos no teatro e na biblioteca. Síntoo, as gravacións son pésimas, polo que non aconsello escoitalas (a que mellor está é a de música, e…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: o doce aviso do fin do verán

    Esta rematando o verán. Sabemos que moitas veces, setembro ven bo abondo e cúmprese que o fin do verán metereolóxico coincide máis ou menos co fin do verán astronómico (arredor do 21 de setembro), aínda sen ter que coincidir que faga bo tempo durante o mes de agosto, por exemplo. De calquera xeito, tamén sabemos…