-
Araña
Ante unha nova semana na que seguramente seguirán morrendo animais mariños e aves co estómago cheo de plástico ou outro lixo producido por nós, unha pequena lembranza dende Ribadeo de que a vida está aquí, rodeándonos moitas veces sen que sexamos capaces de percibila. Unha sinxela raña no seto fronte o IES de Ribadeo Dionisio…
-
Situando a Ribadeo no mapa: meridiano e paralelo
A conta do estudo dos meridianos e paralelos, procurei unha imaxe do meridiano que pasa pola Coruña, marcado na praza de María Pita. E a cousa derivou… por que non dicirlle ó alcalde que trace o meridiano de Ribadeo, á imaxe do que hai marcados no chan noutros lugares, comezando por Greenwich? Atracción turística complementaria,…
-
Sen novidade na política ribadense (e V). Sen novidade?
-
Sen novidade na política ribadense (IV)
A política no concello de Ribadeo nestes momentos está controlada polo BNG. Coido que coa frase anterior está trazada a realidade, que abrangue non só unha maioría absoluta, senón tamén un desfrute e manexo de actividades e tempos. Cando xa vai para catro anos resultou das votacións unha maioría absoluta, coido que foi un superar…
-
Apelando sobre as Catedrais
Dende hai uns días, o concello ten colgada a súa apelación ó Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais – Augasantas (Ribadeo), e tamén que quería facer un pequeno comentario. Pequeno, porque para quen teña lido o Plan, debera ser todo o máis unha liña introdutoria, e quen non o teña lido,…
-
Ler o xornal, exercicio mental
Moitasveces, encarados ó xornal, sortear os titulares, meterse no meollo da nova, filtrar convencións e intereses… representa un bo exercicio de criterio, aínda que tamén poda resultar extenuante. Collo titulares en só unha páxina (a segunda) dun xornal de hoxe: ‘Podemos é incapaz de acadar o consenso na súa primeira asemblea’ achaca unha incapacidade sobre…
-
O Pequeno Nicolás en Ribadeo
O Pequeno Nicolás é o neno protagonista dunha serie de historias de René Goscinny. Divertido e doce ó tempo, pode ser hilarante. Dende este verán, e mais dende este xoves, o pequeno Nicolás pasa a ser o apodo dun caradura que tivo unha actuación estelar en Ribadeo. Francisco Nicolás Gómez Iglesias, mozo novo, estivo dando…
-
Sen novidade na política ribadense (III)
Hoxe tampouco houbo novidade sobre o PSOE. Nas últimas eleccións municipais acadou a súa propia marca – chan de votos en Ribadeo, situándose ademáis na cola de entre as candidaturas, despois de ter ocupado a alcaldía dous mandatos antes. O logro foi debido a circunstancias que inclúen o liderazgo anterior e unha lista nova na…
-
Sen novidade na política ribadense (II)
Onte tocoulle a quenda a UPRi. Hoxe vai o PP. O partido que dende hai tempo estivo en primeira ou segunda posición en tódalas votacións ó concello (cousa que non lograron BNG e PSOE), tivera controvertidas primarias antes das eleccións pasadas. Nelas sobresaíra Manuel Valín claramente nunha ampla cesta de nomes (7) e tamén claramente…
-
Sen novidade na política ribadense
Hoxe saltou a nova: o representante de UPRi no concello, Agustín Reymóndez, non será candidato para as próximas eleccións. O certo é que, sen que el o dixera precisamente, o futuro de UPRi estaba comprometido, de xeito que, presentándose ou non (outra persoa no seu lugar) UPRi seguía un desgaste na rúa que facía difícil…
