-
Algunha pincelada sobre a chuvia
Un día máis, chove antes de amencer. Decido recoller a folla de cálculo sobre a choiva e actualizala. Canso xa da imaxe de chuvia, lévome unha sorpresa: este inverno é certo que está a chover, pero nada excepcional. Este cansanzo é algo cíclico. Como se pode ver na táboa supra, os meses que levamos de…
-
Auga, Bando e Bando 2
A contaminación da auga de Ribadeo, a mais de enquistarse, da sorpresas. E cada vez máis. Onte mesmo, unha situación de desaconsellamento de bebela nalgunha parroquia durante algunhas horas creou unha situación tanto cómica como confusa, ó meu ver. Tanto, que ata os bandos correspondentes foron numerados co título de ‘Bando’ e ‘Bando 2’… a…
-
Segundo o previsto, UPRi disólvese…
Era algo que xa saíra no blog,en diversas ocasións, a modo de opinión, como aquí ou aquí.A que foi terceira forza máis votada nas eleccións municipais 2011, tras pasar a travesía cun só representante e un cambio de concelleiro no mandato, tira a toalla. Tira a toalla? O seu blog está desaparecido, aloxado nun lugar…
-
Vídeo do pregón do antroido Ribadeo 2015
O vídeo que colgou a comisión do antroido Ribadeo 2015 en internet, correspondente ó pregón.
-
O xogo do despiste
Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…
-
Primum legere, deinde cogitare
Venme o título, primeiro ler, logo pensar, dun dito latino ben coñecido: ‘Primum vivere, deinde filosofare’, primeiro vivir, logo filosofar, a conto de algo que lin onte. O de onte era unha páxina enteira de La voz de Galicia, na que o seu director Santiago Rey Fernández-Latorre larga unha longa perorata para rematar dicindo algo…
-
Eu coordino, ti coordinas…
Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…
-
O Camiño Primitivo, de Ribadeo a Lugo
Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…
-
Tres imaxes
Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…
