Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.613 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Candidatura completa do PP para Ribadeo, ordeada e con algún comentario

    Foi desvelada onte 31 de marzo no Hotel O Cabazo. 1.Jesús López Penabad (sabido dende hai tempo) 2.María Rosina Tosar López (anunciada previamente) 3.José Juan Estévez Fernández 4.José María Suárez García Catro é o número de concelleiros que ten na actualidade o PP, pero co aumento a 17 edís nestas eleccións, para conservar a porcentaxe…

  • Unha curiosidade: propaganda institucional en Ribadeo

    Fai moita propaganda institucional o concello de Ribadeo? Aprovéitaa o equipo de goberno para facer propaganda partidista? Son algunhas das preguntas que teñen relación coa propaganda institucional e ás que se ten dado resposta dende diversos puntos partidistas, tendo en conta que o servizo de xestión de novas foi contratado hai non tantos mandatos, e…

  • Comezou o festival anual de teatro relixioso clásico

    Comezou o festival anual internacional de teatro relixioso clásico. Pode verse en toda España. En lugares, con moita riqueza representativa e impacto económico. Noutros, con sinxeleza e adicación persoal de veciñanza. En todos, con control organizativo ó detalle, a cargo dunha estrutura menos monolítica do que parece, e máis do que sería desexable para moitos.…

  • Memorias do vello parque infantil

    Teño falado da substitución de elementos do vello parque, relativamente novos. Estas son só unhas imaxes para a lembranza, en plenas obras, do que se está a facer. … xa teño falado de outras obras preelectorais… http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/estaran-tempo.html

  • Actos de Semana Santa en Ribadeo

    Deixo o tríptico informativo da Semana Santa de Ribadeo ó comprobar que, nestes momentos, aínda non está espallado na rede. E outras actividades, por esta volta todas sen comentar máis aló do que pon onde obtiven a nova. Algunha cousiña máis programada para estes días: De Ribadeo.org: DE LUNS A MÉRCORES HABERÁ DEPORTE NO CANTÓN…

  • Referindo un pleno

    Polo momento, só hai referencia do pleno de martes 24 de marzo  pola nota de prensa do concello coa interpretación do alcalde, colgada na web do concello e difundida nos medios ó día seguinte (onte). Nota que hai que ler sempre tendo en conta o dito: ” CON VARIOS ASUNTOS DE TRÁMITE, SEGUNDO O ALCALDE…

  • Facendo contas sobre un accidente

    A raíz da desgraciada historia do accidente nos Alpes, levamos dende luns a primeira hora con novas sobre o tema, incluíndo minutos de silencio ou visita real. O mesmo día que iso pasou, en España morreron segundo as estatísticas máis de 1 100 persoas, e tendo en conta o dni dos pasaxeiros, unhas 40 no…

  • Maduro, escoitando, foto… achéganse as municipais

    Son cambios imperceptibles, pero haber, hainos. dende que pouco a pouco as campañas electorais deixaron de estar reducidas ás datas previas ós comicios para ir pouco a pouco estendéndose a todo o período interelectoral, cada vez se distinguen menos as fases, pero segue a habelas. E estamos xa nunha das fases finais. En Ribadeo, o…

  • Hoxe, pleno no Concello de Ribadeo

    Remato de ver por casualidade a convocatoria do pleno ordinario de hoxe no concello. Imos avanzando: a info do documento di que foi modificado o Lun 23 Mar 2015 18:49:56 CET (é dicir, que foi colgado como pronto un pouco antes das sete da tarde de onte, hora de centro Europa, que é a que…

  • Planta de reciclaxe en Ribadeo

    Sabías que Ribadeo ten unha planta de reciclaxe? Non o sabía ata a semana pasada. Nas dúas vistas, unha do sigpac e outra de Google, logo tomas xa de hai algún tempo, pódese ver o lugar. Na primeira, do sigpac, collendo a desviación a Acevedo xusto por baixo do letreiro de ‘Monte de Santa Cruz’,…