Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Vídeo do pregón do antroido Ribadeo 2015

    O vídeo que colgou a comisión do antroido Ribadeo 2015 en internet, correspondente ó pregón.

  • En torno á ría de Ribadeo

    Ría de Ribadeo. Hai tempo que xente diversa, entre a que destaca Evaristo Lombardero, en entre a que me atopo, reclama un plan de ordenación natural da ría (‘PORNA’), que fixe e protexa o entorno. En ausencia dunha visión de conxunto plasmada nun documento dese estilo, hai proteccións diversas pola inclusión da ría en espazos…

  • O xogo do despiste

    Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…

  • Primum legere, deinde cogitare

    Venme o título, primeiro ler, logo pensar, dun dito latino ben coñecido: ‘Primum vivere, deinde filosofare’, primeiro vivir, logo filosofar, a conto de algo que lin onte. O de onte era unha páxina enteira de La voz de Galicia, na que o seu director Santiago Rey Fernández-Latorre larga unha longa perorata para rematar dicindo algo…

  • Eu coordino, ti coordinas…

    Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…

  • O Camiño Primitivo, de Ribadeo a Lugo

    Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…

  • Tres imaxes

    Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…

  • Lembrando dous libriños (e II). Artigo de Evaristo Lombardero

    Primeira parte: Lembrando dous libriños (I) LEMBRANDO DOUS LIBRIÑOS (e II) Hai dúas semanas este medio publicou a primeira entrega sobre os libros “A Ria de Ribadeo Natureza entre dúas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas”. A edición foi promovida polo CEDER OSCOS EO e mais a Asociación Puente de los…

  • En Ribadeo polo antroido, sen antroido: Asilo, obras e funcionamento

    Non se trata do asilo político, que daría tema para o antroido, senón do hospital asilo de Ribadeo. Recollo un comentario na rede de Javier Chao: Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o alcalde son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A quen llo temos…

  • En Ribadeo polo antroido, sen antroido (1)

    Nestas datas cambiantes polo calendario eclesiástico celébrase a festa pagá cristianizada, e as novas son para o desenvolvemento do antroido ou entroido. O caso é que, sendo previsible, o antroido xa non é tal, senón festa, unha máis. Tomemos por iso como antroido do antroido o normal, o que pode ser raro neste tempo por…