Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.457 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Presentación curiosa: Apuntes sobre Ribadeo

    Cortopego e comento embaixo unha nota da sección de novas da web do concello [Para quen non queira esperar, as primeiras páxinas de Apuntes sobre Ribadeo de Méndez San Julián (e as segundas) en versión fotocopiada de man en man, e polo tanto, baixa calidade]: “A PRIMEIRA EDICIÓN DATA DE 1884 Apuntes sobre Ribadeo 11/05/2015…

  • Equilibrio ecolóxico en Ribadeo

    Onte, nunha rede social, Iván Rodríguez ligou un vídeo sobre ecoloxía. Nel cóntase como a introdución de 12 lobos no parque de Yellowstone, nos EEUU, a finais do século pasado, ten desencadeado unha serie de acontecementos que inclúen non só a multiplicación da poboación dos propios lobos, senón tamén outras cousas tan a primeira vista…

  • Pegada de carteis, unha experiencia (visión persoal)

    Aproveitando unha figura dun corazón xa marcado no muro, un cartel aproveita o espazo… Onte (esta noite, a partir das 12) foi o inicio de campaña. Polo que parece, soe facerse ‘oficial’ coa pegada de carteis. Onte participei. E como participante, teño unha visión que a moitos lles parecerá sesgada, seguro. Por iso aviso. Chegar…

  • Alimento para o cemento

    O parque está de moda en Ribadeo. Centro das obras ‘urxentes’ de fin de mandato, a cubrición de cemento deixa bonsáis en troques de árbores, que é ‘o que se leva agora‘. A estas alturas, a urxencia das obras nun período preelectoral non chama a atención. A difusión do que se vai facer, xa é…

  • Recollido da rede: Ribadeo, alén do Masma (dende Santiago, claro)

    Despois de incidir hoxe mesmo nunha visión de Ribadeo pre-eleccións, ligo aquí, ó tempo que corto e pego, unha entrada do blog de José Mª Rodríguez, O Cargadoiro, co título “Remata Galicia no Masma?“: Tres longos anos chamando ás portas de San Caetano! Os veciños de Ribadeo só pedían unha xuntanza coa Conselleira de Benestar.…

  • 3 Fotos no entorno do concello antes da campaña

     Foto 1: a zona de pegada de carteis está preparada. Os tablóns dispostos están cochos, con restos. O lixo diante di ás claras algo como ‘isto é unha merda’, podedes botar aquí o voto. Doutra parte, obras. Neste caso, unha obra privada que leva ocupada a vía longo tempo. E os seus restos. Mais no…

  • Investigación en Ribadeo. Galeón

    Atópome esta mañá no correo unha nova, e vou ó facebook a ver se hai algo máis. Todos debedes saber a estas alturas que o galeón descuberto na ría hai catro anos ten defensores, unha agrupación/asociación que se está a mover para a súa investigación e recuperación. a comunicación que coñezo é mediante o Facebook,…

  • Sic transit gloria mundi: Calvo Sotelo

        Onte, 3 de maio, fixo sete anos que finou Leopoldo Calvo-Sotelo.     Onte, quizais non vin abonda prensa, pero diría que a súa figura esfumouse, a máis das esquelas como a que presento, da comarca do sábado 25 de abril.     Lembro o que puxen no blog este mismo 4 de maio de 2008.…

  • Leopoldo Calvo Sotelo, no BOE polo marquesado e polas honras.

    http://boe.es/boe/dias/2002/06/25/pdfs/A22991-22991.pdf http://boe.es/boe/dias/2008/05/04/pdfs/A22555-22555.pdf http://boe.es/boe/dias/2008/05/04/pdfs/A22556-22556.pdf Referencias a Calvo Sotelo no BOE que o nomean en relación á Ría de Ribadeo. — Recollido de Ribadeo historia.

  • Previsións

    Xa comezou a veda das previsións electorais. Véñense facendo dende hai tempo, aínda que poden variar para adaptarse ós cambios que se van observando. Porque fixen algunha conta, sei que non teñen por que coincidir previsións botando contas con algún criterio con previsións feitas por impresións, aínda que estean relacionadas. Gardo para min agora as…