Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A illa Pancha, esta noite

    O dito, o faro, esta noite. En venda ou aluguer. Unha imaxe para o futuro ou unha imaxe do presente? — Para deixar unha nota: Lei de avaliación ambiental.

  • Sobre (outro) faro

    Cortopego unha nova que me chegou hoxe relacionada co futuro do faro da Illa Pancha: “PLATAFORMA SOCIAL Y CULTURAL. CONSERVACIÓN FAROS DE ESPAÑA Lola Padilla 6 jun 2015 — Esta mañana nos confirman que el Faro del Cabo de San Antonio en Xâbia, ha sido rechazado para su privatizacion. El Ministerio de Fomento opta por…

  • Paseo polas bocas do regos de Ribadeo

    Hai anos, a raíz dunha actividade no IES Porta da Auga, Teresa Díaz montara un tríptico que titulou así. O paseo, na actualidade, case pode facerse coa ruta camiño das catedrais que se inaugurou o pasado ano. De calquera xeito, a máis das diferenzas de trazado que evitan algún lugar, a orientación de cara á…

  • Adeus a un establecemento: Mesón Compostela

    Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de ‘alúgase’. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda…

  • O paso dun santo por Mondoñedo, por José Mª Rodríguez Díaz

    Dez menos cuarto da mañá. Na catedral empeza a soar con monótona cadencia o esquilón chamando ós coengos a coro. As súas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas rúas da vella Cidade atravesando logo a praza cara á entrada da catedral. Nos soportais do Cantón Grande aparece camiñando a figura fráxil de don…

  • Dende preto da Illa Pancha, en Ribadeo

    Onte fixen un par de actualizacións, ‘Notas posteriores’ na entrada de datos sobre o hotel da Illa Pancha. Son sobre a superficie útil e a intervención na illa. Complemento o dato coa ligazón ó  “Proxecto de rehabilitación del Faro de Illa Pancha, en Ribadeo, para uso lúdico”, realizado por Nuria Díaz López como traballo de…

  • Consumindo en Ribadeo

    Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade. A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da…

  • Revoltillo en España. A craridade grega.

    Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos… Mesmo a…

  • Nota de prensa de Ribadeo en Común

    Desde Ribadeo en Común queremos agradecer a súa confianza ás 271 persoas que nos deron o seu apoio nas pasadas eleccións; tamén a todos os que se achegaron aos colexios electorais a depositar o seu voto; lamentablemente por só 15 votos non puidemos obter a nosa primeira representante no Concello. Nestes meses pasados, veciños e…

  • Letras galegas: Concerto da banda municipal de Ribadeo (20150530)

    Cheo no cine teatro, para variar. Lectura de Farruco Graña e bis e himno galego, incluídos, aínda que non aparezan no díptico-programa. No audio non aparecen as tres primeiras pezas. Mágoa, estábame gustando… E o ambiente? Bo!. O himno, mellor lelo noutro lugar.