Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.319 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Real Club Náutico de Ribadeo

    RCNR, siglas xa algo usadas pero recén estreadas de xeito oficial, representan a denominación do club náutico ribadense, despois de tres anos de tramitacións e do si real. Non me choca o nome, máis ben porque non presto moita atención á ostentación á que se adhire, pero recoñezo nel posibilidades de chanza, que brindo. Unha…

  • O que eu debo, o que ti debes, máis o que el debe

    Remato de ver nun xornal unha nova non destacada entre as outras: un representante popular, isto é, un cargo electo representando ó pobo en Madrid, declara deber 1,5 M€ ós bancos. Estamos ó final dun mandato (aínda que neste caso, creo lembrar que era un senador, co que estaría ó comezo da súa estadía na…

  • O centro galego de Ribadeo

    A mediados de agosto xa está o froito maduro: as conversas na rúa apuntan claro a que os ribadenses somos minoría en Ribadeo dende hai un tempo. Non se trata de inmigración, senón dese outro tipo de migración que representa o turismo. Sábese (suponse) que é con expiración a data máis ou menos fixa, pero…

  • Ás Aceas… e máis aló

    O ano pasado rematouse un paseo que comeza nas Aceas e logo da illa Pancha continúa pola costa cantábrica camiño de Barreiros, Foz… Polo momento, e ante a lonxanía de realización da ruta do ferrocarril dende Ribadeo á Pontenova/Vilaoudriz, o paseo das Aceas remata alí, na barra do muíño de mareas que se intúe na…

  • Edelmiro Bascuas, in memoriam, por J.Mª Rodríguez

    Collido de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/08/00432-edelmiro-bascuas-lopez-eminente-investigador-de-hidronimia-calega.html — Edelmiro naceu en A Meda, concello de Castroverde (Lugo) o 15 de abril do ano 1931. Fixo estudos eclesiásticos no seminario de Mondoñedo, no que a súa traxectoria, sempre matizada pola súa senlleira humildade, foi sen dúbida sobresaínte, destacando como estudante moi brillante por riba dos seus compañeiros e mesmo de…

  • Da cédula real ao pasaxe ás indias

    Adxunto presento unha cédula real expedida polo mesmo Alfonso VII, meu amigo, coa concesión do primeiro que se lle ocorreu. Grazas, amigo Alfonso. Ben, a cousa seguirá, pois non é a primeira vez que tal real persoa me concede prebenda semellante. Este ano, recén recibida, ocorréuseme pensar no tempo que tardará en outorgarse unha pasaxe…

  • Un ‘henge’ en Barreiros

     O lugar do henge, na Roda, Santiago de Reinante (Barreiros), preto do límite con Ribadeo, e á beira dunha pista e da autovía Estes días estase a falar del. Pódese ver dende hai tempo (descubriuse no 2006, a conto da autovía -as obras públicas como mellores amigas da xeoloxía, neste caso, historia, que diría Isidoro…

  • O Faro das Carrallas, na ría de Ribadeo

    Despois de tempo sen facelo, o faro das Carrallas volve a funcionar. Para quen estea algo desorientado, na composición fotográfica do sigpac que poño da saída da ría de Ribadeo, entre a illa Pancha e a punta da Cruz, o faro forma a rompente branca, un punto, case unha coma preto da costa occidental (o…

  • Do traballo ao triunfalismo

    Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen…

  • Louselas, o libro

    O próximo venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas na librería Casa das Letras de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro “Louselas (Ribadeo, Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica“, de Eduardo Ramil Rego e Jose Ramil Soneira. Os datos que temos sobre os inicios da poboación humana na rexión cantábrica…