Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Comeza a variación do faro

    Xa deu nota a prensa, a raíz dunha foto tomada no camiño dende a ponte da illa Pancha ó edificio do faro, do ‘inicio das obras’, aínda que quizáis debera dicir do ‘inicio da variación’. Tamén deu nota do envío dun correo electrónico ó concello, unha actuación máis despois de xa varias peticións por escrito…

  • O PP E A RESIDENCIA DE RIBADEO, artigo de José Mª Rodríguez Díaz

    Xa se vía vir. O consenso político pola residencia de Ribadeo rompeuse. Rompeuno o PP. Catro anos de loita pola unidade e o consenso dos portavoces políticos para a consecución dunha residencia para Ribadeo, acábanse de tirar pola borda. Catro anos nos que os portavoces políticos o foron do pobo e non do seu partido.…

  • Novas da residencia

    A residencia de maiores segue o seu camiño, pouco a pouco. Conseguiuse grazas ó apoio do pobo, a partir das asociacións de veciños, tras unha manifestación e o apoio dos partidos do consistorio. Ese apoio pode que haxa que voltar matizalo de agora en diante, pois onte houbo unha xuntanza debido ó cambio de titular…

  • Dous días de diferencia, dúas boas novas para a industria na ría de Ribadeo

    Gondán está de moda. Máis aló dun historial que da gusto descargar aínda que só sexa polas fotos dos buques producidos, non hai tantos días esparcíase a nova na prensa de que era un dos asteleiros españois con maior carteira de pedidos. Coincidía prácticamente coa nota de prensa da finalización de diversas ampliacións, tanto no…

  • 15 de outubro de 1915. Publicacións de Isidoro Asensio

    Hoxe, hace 100 anos, nacía en Sevilla Isidoro Asensio Amor. Ese foi o motivo para que hai uns días lle pedira a Roberto Rodríguez o que publicou e republiquei como “NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)“, ou para que editara e aumentara (pouco, polo momento) a entrada correspondente na Galipedia.…

  • Fotos de Ribadeo. Serie ‘os desastres da guerra’

    A primeira foto non pertence á serie. É dunha novidade de antes da ponte, que foi xa presentada no blog en imaxe como boceto: Pode parecer raro que estea funcionando e coa valla. Cousas das présas, pois pola parte de atrás vése aínda o seu interior, só separado por un vidro e que non quedará…

  • Ence e Ribadeo, oito anos

        Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto…

  • NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)

    Pedín e Roberto Rodríguez pasoume este artigo publicado o sábado (20151010) na Comarca sobre Isidoro Asensio. Tomeime a liberdade de poñerlle algunha ligazón consecuente co seu uso en internet: “O próximo 15 deste mes do outono cúmprense cen anos do nacemento do insigne xeólogo Isidoro Asensio Amor. Nacido segundo as súas propias palabras, “casualmente en…

  • Nota de prensa de O Tesón sobre o seu futuro (20151013)

    O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a asemblea da AVV O Tesón. Alí viuse que a asociación ven desenvolvendo as súas actividades en plena forma e con apoio de preto dunha centea de socios, pero cunha falta grave: a de participación dos propios socios, implicándose de cheo nas actividades desenvoltas. As principais discusións…

  • Vistas nacionais

       Onte foi unha festa nacional, eso din. Unha, porque foi dunha nación -suponse- que ao menos ten dúas festas nacionais (os touros están catalogados como tal, ainda que diriase que en sentido diferente).     Dende hai moito tempo, gústame o esprito de nación, aplicado ó mundo enteiro: nacionalidade? Terrestre! Aínda que debo confesar que…