Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.319 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ence e Ribadeo, oito anos

        Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto…

  • NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)

    Pedín e Roberto Rodríguez pasoume este artigo publicado o sábado (20151010) na Comarca sobre Isidoro Asensio. Tomeime a liberdade de poñerlle algunha ligazón consecuente co seu uso en internet: “O próximo 15 deste mes do outono cúmprense cen anos do nacemento do insigne xeólogo Isidoro Asensio Amor. Nacido segundo as súas propias palabras, “casualmente en…

  • Nota de prensa de O Tesón sobre o seu futuro (20151013)

    O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a asemblea da AVV O Tesón. Alí viuse que a asociación ven desenvolvendo as súas actividades en plena forma e con apoio de preto dunha centea de socios, pero cunha falta grave: a de participación dos propios socios, implicándose de cheo nas actividades desenvoltas. As principais discusións…

  • Vistas nacionais

       Onte foi unha festa nacional, eso din. Unha, porque foi dunha nación -suponse- que ao menos ten dúas festas nacionais (os touros están catalogados como tal, ainda que diriase que en sentido diferente).     Dende hai moito tempo, gústame o esprito de nación, aplicado ó mundo enteiro: nacionalidade? Terrestre! Aínda que debo confesar que…

  • Dúas vistas dunha viaxe

    A pasada fin de semana, a AVV O Tesón realizou a súa viaxe social. Con dúas inclinacións moi diferentes, embaixo van un artigo e unha nota de prensa sobre esta viaxe. Pablo Mosquera Mata escribiu o seguinte artigo, publicado en diferentes medios: “O Tesón en Sargadelos La sociedad civil necesita del sustrato cultural para saber…

  • Mañá aquí hai unha festa, non? Tes que ir o traballo?

    Onte chegaron en visita unha coordinadora e 8 directores de centros de ensino profesional da República Checa a Ribadeo. Trátase dunha actividade dun proxecto internacional de APAGA, e van estar pola zona uns días visitando centros educativos e industrias, mantendo contactos con profesores, alumnos e xentes de aquí, ampliando perspectivas de xeito mutuo, … O…

  • O Formigueiro deixou un Ribadeo que o deixou

    Venres recibín unha triste nova: o Formigueiro deixou de existir. Para unha campaña, este marzo. Nin a súa conta de facebook nin o seu blog dan a nova, pero non é necesario. A grupo veu a luz case co ano 2013 e o venres formalizou a asemblea da sua disolución. No seu primeiro ano non…

  • Razones de la permanencia espiritual de Isabel La Católica: disquisicións en Ribadeo

    Onte, nunha cadea de televisión, repoñían (vez n), ‘La Colmena’. Un dos tramos que me ten deixado máis pensativo é aquel no que o escritor temeroso saca o recorte do seu último traballo como defensa: “Razones de la permanencia espiritual de Isabel La Católica”. La Colmena saíu do prelo en Bós Aires no 1951. As…

  • A nova chegou doutro xeito…

    A traverso das redes sociais chego a unha nova xa vella, de hai 20 días: o Principado terá que incoar expediente a Asturgold pola xestión realizada nos lagos de Salave. Imaxe de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ouro Pero o caso é que non lembro así a nova redactada na prensa no seu momento. Cando se deu a nova, incidu…

  • A RIA DE RIBADEO NOS PROGRAMAS ELECTORAIS. Artigo de Evaristo Lombardero Rico

    Neste escrito analízase a presencia da Ría de Ribadeo nos programas electorais dos grupos que obtiveron representación nas últimas eleccións municipais. A efectos espositivos encadramos en catro apartados os complexos e múltiples problemas pendentes da solucionar na ría, sen perder de vista que todos están íntimamente interrelacionados. A saber: 1.- Necesidade urxente de dotar á…