-
Sobre o faro, abrindo camiño
Convócase nas redes sociais unha asemblea para tratar ese tema, o do faro. Ás 20:30, no altillo do Cantón, este domingo 1 de novembro. Resulta curioso que meses despois de ser demandadas preguntas polos cauces normais, sexa no momento no que vai medrando a protesta e o xornal volve facerse eco dela cando se entregue…
-
O PP de Ribadeo non fai política, artigo de José Mª Rodríguez Díaz
As actuacións do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anciáns están movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese político. Con esta absurda afirmación, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, refírese o PP a…
-
‘A Mariña, con máis presenza e poder na Deputación’
Certo que os medios teñen que procurar titulares impactantes para venderse (aínda que non teño moi claro por que tería que ser así ‘noutro mundo’). Certo que o que se escribe soe corresponder en boa parte co que se pensa (en prensa está demostrado que non na totalidade, e mesmo en ocasións, os intereses pasan…
-
O incordio da democracia. Mentres, en Ribadeo…
Podes procurar en internet o artigo completo ‘Para que la democracia?‘ de Eldiario.es. E é que a democracia pode resultar un incordio. ‘Un artigo máis’ que nos lembra cousas xa sabidas. Cousas que, non por sabidas, debemos deixar de ter presentes para tentar actuar en consecuencia. Fai un repaso polas diversas administracións, e, en canto…
-
Política de partido ou política de pobo?
Vaia por diante que penso que poñerlle un cualificativo á política é, sempre, rebaixar a propia idea sobre a súa función e a súa práctica. Mais ás veces pode resultar desa cualificación o resalte dalgunha característica desexable ou indesexable que presentan determinadas actuacións políticas nas circunstancias nas que se desenvolven. Así pois, co título pretendo…
-
A vida parisina, vista por Dionisio Fierros
-
Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro
-
Fai Sol! Non, chove! (dentro)
-
Sen mobilización, a lei non é nada
Esta mañá veu á miña cabeza unha frase que lin a semana pasada, con orixe en Bruno Bertolio, sindicalista uruguaio, a conto da evolución poítica, social e económica no seu país. É sinxela e intuitiva. É a que serve de título a esta entrada: Sen mobilización, a lei non é nada. Aínda así, necesita algunha…
-
Meteoroloxía en Ribadeo hoxe, e unha pequena reflexión
Chove, e leva chovendo a última parte da noite. Miro e atopo que a estación automática da Granxa Pedro Murias non fuciona1: ten todos os seus parámetros fóra de medición. Como Luciano Zubillaga xa se xubilou e non hai quen se encargue da estación manual (nos últimos tempos tamouco el se facía cargo), non hai…
