Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Hai oito anos: Nota de prensa do concello 20080801 sobre nave na ría

    Publicada en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/20080801-sobre-navena-ra.html O ALCALDE PÍDELLE AO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA QUE NON INSISTA NA CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE CUBERTA NO PEIRAO COMERCIAL DE MIRASOL. Ribadeo, 1 de agosto de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dille ao presidente de Portos de Galicia que “pode vir a Ribadeo cando queira a facer cuestións do…

  • Convocatoria pola illa Pancha. Concentración domingo 14 de agosto ás 12 fronte ó concello

  • Hai 8 anos: Nota de prensa do BNG sobre o Porto

    A comparar coa actualidade. Publicado en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/nota-prensa-bng-20080808-sobre-o-porto.html “POLA MANTEMENTO E AUMENTO DA ACTIVIDADE DO PORTO SEN AGRESIÓNS Á RÍA DE RIBADEO Ribadeo naceu arredor dun porto nunha das beiras dunha ría que posibilitou ese porto natural. A día de hoxe ambos seguen a ser de grandísima importancia, nunha vila con eminente vocación comercial e de…

  • ESCUDO DE RIBADEO (I). Francisco José Campos Dorado

    A versión tradicional do escudo condal de Ribadeo (que xa era antigo no ano 1699 segundo di Francisco Lanza, Ribadeo Antiguo, páx. 5) é o da fig. 1: en campo de azur unha chave de ouro posta en pau (vertical, que por “imperativo estético” se determinou colocar en barra, pois non afecta ó simbolismo heráldico…

  • A bici pasada

    Días atrás recibía unha nota de prensa, que deixo embaixo, para unha actividade do venres día 5: “RIBADEO EN BICI Un venres mais de principios do mes de agosto, facemos unhaconcentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos convidar a todos…

  • Santa Cruz Pre Xira

    Mañá é a xira 2016. Teño referido máis dunha vez como quedou o terreo despois da xira (por exemplo, aquí), mais nunca como estaba antes. Velaeiquí algunha foto para ver como está este ano.  Segado e recortadas as árbores, máis sen recoller. Herba e ramas incluídas.  Terreo acotado (noutros lugares estaban aínda en construción toldos…

  • Volvendo sobre os discursos na investidura como cronista oficial

    Embaixo deixo os discursos do novo cronista oficial, Eduardo Gutiérrez (‘Lalo Ventura’) e a presentación de Farruco Graña. Ambos poideron lerse xa na Comarca, mais coido que son unha testemuña relevante para Ribadeo, e aquí quedan reproducidos. Discurso de Farruco Graña: “ Señor Alcalde, D. Fernando Suárez Barcia, prezado D. Eduardo Gutiérrez Fernández, señoras e…

  • A vida segue: preparando un ‘Recurso de interese xeral’ para a Illa Pancha

    Recibo unha nota de prensa: ” RECURSO DE INTERES XERAL (Colectivo Por Nuestro Faro)  O Colectivo “Por Nuestro Faro” esta a preparar un recurso de interés xeral contra a concesión de licencia municipal para a construcción dun hotel de dúas suites no antigo Faro da Illa Pancha pola Xunta de Goberno celebrada o día 12…

  • O mundo visto dende Ribadeo

    Onte tive a oportunidadede desfrutar do solpor  de Ribadeo. Nas catedrais aínda había xente, moita dela tentando capturar o momento tanto ou máis que vivíndoo. Sen impedimentos de entrada, que iso é para a galería e os momentos de día, que non teñen por que coincidir cos momentos de pracer (algo que -a falta de…

  • Un resume do festival de bandas

    Onte foi o festival de bandas 2016 (XXII edición). Un resume? máis de dous minutos de aplausos despois da actuación da banda de Ribadeo non serviron para prolongar a actuación.  Polo demais, comentarios, que ó final non foi no parque senón no auditorio, como se pode ver na foto…