Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Mirando os números das Catedrais

    Segundo parece, as Catedrais segue funcionando como atractor. Onte 18, a Voz de Galicia apuntaba que máis de 32 000 persoas tiñan pasado xa pola area da zona ribadense no que transcorrera de mes, 17 días, o que fai perto de 1900 persoas diarias. Se ben dita cifra non é nin a metade da cota…

  • ESCUDO NA RÚA ANTONIO OTERO. Francisco José Campos Dorado

    escudo en Antonio Otero Escudo de armas español con data do ano de 1675. Está a medio andar a calle Antonio Otero, fronte a Travesía Fernando III O Santo que une coa praza dos Catro Caños, situado na fachada dunha magnífica casa onde aínda se conservan uns poucos metros de soportal con arcos, vestixio do…

  • Fala, pobo, fala

    Recollo o estribillo da canción das primeiras votacións cando viu a democracia para lembrar que a democracia non é só ‘falar’ cada certo tempo nas urnas, senón tamén actuar. Na defensa de dereitos, actitudes… da propia democracia e da sociedade e cada un dos seus membros. Anda estes días sobre a mesa o tema do…

  • Actualización sobre a illa Pancha

    As cousas están transcorrendo rápido estes días. Queda aquí só un recorte a modo de comunicación de hoxe, aínda que non sexa nada novo. “O substancial de este asunto é que o alcalde ven actuando de maneira partidista dende que este expediente entrou no concello, primeiro non anunciando o proxecto aos veciños, segundo disimulando o…

  • Se non sufriran ataques, non estaría a publicar isto

    Hai 32 fotos. Vai a metade, 16, agrupadas por soporte (4 soportes). Se as imaxes non foran maltratadas, case seguro que non lles daría difusión.

  • Sorpresa! (ou non?) … Na illa Pancha

    Sorpresa? Quizáis non tanta. Pode tentar converterse en calquera momento en presión cara ó concello para que permita a cafetería, ou ser desmentida como un erro de comprensión nun xesto bondadoso para ganxear amizades. En calquera caso, o anuncio do titular, que a illa Pancha será de acceso vip, coido debera significar máis dun xarro…

  • Publicado en Ribadeo: dous artigos de José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández

    Seguindo a liña de publicar escritos de autores relacionados con Ribadeo, hoxe ligo dous artigos de J.R. Sabugo, secretario do concello durante tantos anos, sobre a ‘cuestión catalana’: https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._catalu__a_no_es_una_naci__n https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._la_suspensi__n_de_una_auton a notar que faigo a publicación con gusto, mais non teño por que estar de acordo cos seus presupostos.

  • Illa Pancha, fase II

    Atardecer de onte sobre a Illa Pancha, por José Lombardero Bellón Onte espertábase o día en Ribadeo con ceos despexados que se cubriron ó pouco. A nova do día, un titular de ‘La Voz de Galicia’ que daba conta de que o día anterior, martes, tivera lugar unha Xunta de Goberno municipal na que se…

  • IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

    Rematou o curso, mais o IES segue facendo vida. Non están as súas aulas ocupadas a diario, mais queda a súa labor fermentando. A máis de xente que se pode atopar por alí, aínda que non hai xa nin clases nin aínda prazo de matrícula, quedan restos das actividades como testemuñas. Velaí unhas fotos do…

  • Grazas pola súa visita!

    Nun local de hostalería Coido que as fotos poden ser abondo significativas (neste caso sobre os indianos-festa e reverso), indicando que non coinciden nos mesmos puntos e persoas a cara a e cruz, a festa e o reverso. As fotos son da madrugada do sábado e madrugada do luns, e despois de anos de ver…