-
#5000_ribadeando
Chegou. Neste remate de festas patronais 2016 o contador de entradas de ribadeando xa marca as 5000, dende o 11 de agosto de 2005. Un número máis. Grande, si, pero un número máis que non implicará cambios diferentes dos que poidera haber noutras circunstancias. Celebración? Si, esta entrada, lembrando a xa vella primeira…
-
Publicado en Ribadeo: festas do Carme 2016
O libro dunha festas é, sobre todo, anuncios que permiten sobrevivir á festa. Este non é diferente, e máis aínda se se mira que das moitas páxinas a cor, hai só unha que non teña exclusivamente anuncios: a portada. 104 páxinas (mais portadas) con un, dous, tres ou catro anuncios, a cor ou sen el,…
-
Os fogos do sete en Ribadeo, dende as Figueiras
Esta noite foron os ‘fogos do sete’, en realidade nos primeiros minutos do día oito. Deixo algunha testemuña da edición deste ano tomada dende as Figueiras. Ribadeo, de noite, antes dos fogos. Un momento dos fogos, coa iluminación xa variada Un dos momentos vistosos dos fogos A primeira parte dos fogos, en vídeo E agora……
-
Unha curiosidade sobre as festas (en Ribadeo e en calquera concello)
Aínda que os datos están retrasados (non corresponden a este ano), o poder comaprar o que ‘inviste’ cada concello nas festas, en total e per cápita, non deixa de ser unha curiosidade. Os datos que aparecen para Ribadeo:
-
Imaxes de Ribadeo alternativas á festa
Estamos en festas, e saen imaxes… das festas. Estas son outras imaxes de Ribadeo en festas, mais non das festas de Ribadeo. A primeira, os chiringuitos de venda ambulante cerrados pola mañá contrastando co Ribadeo de tódolos días A segunda, unha acampada improvisada nun parque: dalgún xeito ten que sobrevivir a xente, e moitas posibilidades…
-
Humanización ou xentrificación?
Unha pequena serie de apuntes en espera dun auténtico comentario: – “Nazario: Era una ciudad de provincias y continúa siéndolo, pero en un momento concreto el alcalde Maragall empezó una labor de remodelación con motivo de los Juegos Olímpicos de 1992 y así surgió una especulación brutal. A partir de las Olimpíadas, aunque creo que…
-
Curiosidades ribadenses: en festas
Parece que viu a luz onte: nota de prensa e bando de horario de festas. Está asinado en ‘setembro’, con horario dende o día 2, e colgada na web do concello (‘modificada’) o ‘Lun 05 Set 2016 18:59:53 CEST‘, e dado que aparece no xornal de hoxe, tampouco foi transmitida doutro xeito con anterioridade. É…
-
Visitantes por milleiros
Onte sábado a ‘heroican race‘ encheu Ribadeo. 1000 participantes, a grande maioría de fóra, que viñeron acompañados nun día de sol en plenas festas. Un día máis de cheo total na nosa vila, algo que se está a converter en normal boa parte do ano. E non só son anuncios triunfalistas das notas do concello,…
-
A illa Pancha, no Parlamento Europeo
Ben, a imaxe anterior é a parte fundamental da pregunta que hoxe mesmo, xoves 1 de setembro, Lidia Senra presentou no Parlamento Europeo. Podes seguir outra información do tema aquí. E poderás seguir tendo información sobre a illa Pancha no blog, na ligazón coa etiqueta ‘illa Pancha‘.
-
Venres, bici
Un venres mais. De principios do mes de setembro, e para festexar a fim do verán, facemos unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos nesta ocasión invitar especialmente a todos os estudantes e pais a sumarse para ambientar un…