Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • ESCUDO DE ARMAS DO PAZO-TORRE DE CEDOFEITA. Francisco José Campos Dorado

    Este Escudo de Armas español en punta (foto 1) cuxa forma aparece en Galiza a primeiros do século XVI (O Libro da Heráldica Galega, D. Luciano Fariña Couto, Fundación Barrié de la Maza, 2001, páx.29), está tallado en madeira escura e colocado nun espazo rebaixado do paramento da Torre do Pazo, na fachada principal Sur…

  • Hoxe é San Roque: Cartel San Roque 2017 Ribadeo

  • ESCUDO DE ARMAS DA CASA DE QUINTALONGA DE SANTALLA DE VILAOSENDE E ESCUDOS POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado

    Este Escudo de Armas está colocado na fachada oriental da Casa-Pazo de Quintalonga na parroquia de Santalla de Vilaosende. É un escudo con forma ovalada, medio partido e cortado, con bordura gravada de tal forma, que coincide a lenda có correspondente brasón de cada cuartel: “MONTENEGRO” (flanco destro, 1º cuartel)- EN LAS ARMAS Y EL…

  • PREGUNTA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Á AUTORIDADE PORTUARIA, CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA E CONCELLO DE RIBADEO

    Foto de Carmen López Pérez  Nos últimos días puidemos observar que na Illa Pancha xurdeu como por ensalmo un murete de obra que remata o valado da ponte na beira que da ao norte e que, dende o noso ponto de vista, racha abertamente ca estética do conxunto e introduce materiais alleos aos que se…

  • Carta de ‘Por Nuestro Faro’ ó alcalde de Ribadeo

    Sr. Alcalde de Ribadeo         O pasado día 23 de Xullo volvéronse ver varias persoas camiñando pola Illa Pancha. Dado que era domingo, mais-menos ás nove da noite sería improbabel que se tratasen de funcionarios ou operarios de nengún tipo. O Colectivo “Por Nuestro Faro” non deixa de preguntarse que clase de precintado terá esa…

  • Repensando a democracia, escoitando

    A multitude de actos de diversos tipos que se producen en Ribadeo no verán fan imposible na práctica o seu seguemento. Así pasa esta mesma tarde coa coincidencia da actuación da Coral Polifónica de Ribadeo coa presentación do libro (Re)pensar a democracia. Ti elixe. O que si diría é: participa.

  • De novo, a ría (3)

    O tráfico mariño na ría en xeral non se pode seguir por ser embarcacións demasiado pequenas, pero si podemos ter unha idea de embarcacións un pouco máis grandes, como a información que da http://www.marinetraffic.com. Mesmo cousas curiosas, como a referencia de entrada dos tres barcos que onte compartiron peirao. Non teño foto dende a ría,…

  • De novo, a ría (2b)

    Despois de ter publicado onte a posición dun parque acuático na praia dos bloques, preguntoume algunha xente sobre a restricción que afecta ó terreo que ocupa. Nunha primeira procura, no pxom do concello, segundo aparece nas capturas de planos en baixo, está nun área de interese natural e ecolóxico (Ría de Ribadeo, con afección de…

  • 25 X: a música chama (II)

    O concerto foi avisado. Executouse diante dun numeroso público. E aquí está un vídeo da mestría da execución (atención: está sen editar). E o programa: A máis, o programa foi finalizado co Himno galego e houbo una peza extra entre programa e himno, unha xota galega. Máis? Sábado, Festival de Bandas de Música no mesmo…

  • De novo, a ría (2)

    Despois da primeira entrega, nesta segunda a ver se ves algo diferente ó que estás afeito… A última foto corresponde a unha marea baixa nos bloques como ven sendo estes anos. As outras dúas, a unha instalación tipo ‘Parque Acuático’ que Hola Ola! instalou alí esta mesma semana. Segundo me din, a razón de 6…