Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.536 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • De gasolina, Estados Unidos, prensa e reflexión

    Lembro hoxe unha nova de hai uns días en ‘El Economista’. Titular e comezo da nova preséntanse así: “Llenar el depósito de gasolina en Estados Unidos se encarece un 30% en cuatro días. La devastación que está provocando Harvey (…)” Este verán, entre dous puntos situados en dous estados contiguos dos EEUU, a diferenza de…

  • Os fogos do sete: selección 2017

    Secuencia de fotos de G. Gómez — Fogos 2016

  • Festas patronais, sesión concello en espera dos fogos do sete

    Este ano, o concello levantou unha comisión de festas e propiciou que a campa das festas voltara ó campo, ó antigo campo da feira, agora praza de España e Parque de San Francisco, lugar ‘tradicional’ de hai anos das festas. Que queden en próximos anos no mesmo lugar, iso xa é fariña de outro costal.…

  • Sumo o blog a un decálogo de boas prácticas

    De que se trata? De normas extraídas das xustificacións dun premio. Dentro da constancia de que este non é un sitio profesional no sentido de que non vivo disto, e non é un grande medio con moito persoal e recursos, senón que está reducido á miña persoa, dentro das miñas posibilidades, súmome á intención de…

  • A cultura pode ser unha festa, ou un dinamizador

    (Unha das frases empregadas no texto) Un titular: ‘un mestre, conexión a internet ou unha asociación cultural dinamizan máis un territorio que un polígono industrial‘. A dicir que hai que poñelo no seu contexto, e tratábase de fixar poboación en zona rural. De calquera xeito, chamamoume a atención que son cousas non estritamente económicas (de…

  • Da festa a festa

    Comezaron as festas. Fixérono cun acto popular, o pregón, xunto cun acto cultural, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, e antes dun acto deportivo, a carreira Rinlo-Ribadeo. Antes xa se deixaba sentir, dende días, mesmo semanas, o contaxio da actividade no parque, comercial primeiro, de nenos despois e de boureo. Dicir que comezaron, despois…

  • …e as festas foron pregoadas

    Celebrouse o sábado 2 de setembro o pregón das festas patronais deste 2017, a cargo de Celia Castro. Se o perdiches, aínda que sen diapositivas que o acompañen, nin ambiente do cine teatro, nin Polifónica actuando, embaixo o tes, cedido pola autora. O pregón dende o patio de butacas O pregón dende o galiñeiro. PREGÓN…

  • Actividades das Festas Patronais de Ribadeo 2017

    Despois das Festas de San Roque…  (outra versión lixeiramente diferente, por se acaso…) pero antes de que as festas foran pregoadas!

  • Que foi do Castro das Grobas?

    Despois de ser redescuberto, facerse catas e levantar expectativas, o Castro das Grobas volve ó esquecemento. Onte presentaba o aspecto que se ve nas fotos. Nada de adecentamento da vexetación, nada de conservación dos lugares das catas, nada de exposición duns resultados que foron avisados xa hai moitos anos como pouco menos que excepcionais. E…

  • ESCUDO ECLESIÁSTICO DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado

    Este Escudo de Armas eclesiástico, esta pintado sobre as táboas frontais do altar maior da Capela de San Roque. É un escudo ovalado perfilado de ouro, con soportes de ouro a modo de rolos de pergamiño, en ámbolos dous cantóns do xefe. Está partido nun segundo óvalo concéntrico ao primeiro, perfilado de gris azulado, que…