Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Aprobación inicial do plan especial das Catedrais: plan, aprobación e nota de prensa do concello

    O plan. (só 308 páx. pero botarlle unha ollada é menos!) Plan Especial das Catedrais 16/11/2017 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de aprobación inicial do plan especial das Catedrais. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que o Concello leva traballando moito tempo neste documento. Agora ábrese un período de exposición…

  • Unha historia da industria aeronáutica en Ribadeo

    Hoxe a prensa dixital lembra que hai vinte anos estábase pensando en construír unha fábrica de avións en Vilaframil. Os nomes protagonistas eran ULM Toxo, o do avión xa deseñado, e os emprendedores, José Luis González Miró (Ribadeo), José Manuel Fernández (Foz) e Antonio Castelo (Vigo). Informábase de que despois de tres anos do deseño…

  • 1,4 € por cada ribadense

    1,4 € por cada ribadense para ‘máis de 150’ comercios. Ou sexa, preto de 100 € por comercio que figure asociado é a subvención que os ribadenses damos a ACISA (a web, despois de longo tempo sen funcionar, xa funciona dende comezos do ano pasado), concello mediante, para este 2017. Encarada por certo nun convenio…

  • A ría de Ribadeo que xa non é ría

    Lembro ver encher de area a zona dos bloques ou o recheo dos noventa, onde está a lonxa na actualidade. Mais ó pasar por esas zonas xa non mo imaxino se non fago un pequeno esforzo. E quen se lembra da fixación no Fondón, na recta de Reme? así, pouco a pouco (ás veces, moito…

  • Nuestro Patrimonio Sanitario, por Pablo Mosquera

    Complementario con ‘Sanidade, seis queixas diarias‘, a perspectiva de ‘veciños enfrontados‘ ou o fóra de xogo sanitario de ‘A Mariña, nun fóra de área‘, un artigo de Pablo Mosquera: La salud es un derecho consagrado por la Constitución Española, el Estatuto de Autonomía de Galicia así como por la Ley de Sanidad que establece un…

  • Sanidade na Mariña, seis queixas diarias

    Iso di a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña. E por iso pon a disposición dos pacientes un buzón de reclamacións complementario ó que mantén a estrutura oficial. A razón? A falta de resposta da administración. Deste xeito, a plataforma terá unha visión máis clara do que está a ocorrer, ó tempo que…

  • A Ponte, revisitada

    A Ponte de Arante ten renome pola festa das cruces, que se pretende sexa declarada de interese turístico, mais a capela das Virtudes que alí se atopa ten importancia artística e abondo máis fidedigna que a festa en si. Este ano téñense organizado  visitas á capela, e o próximo día 26, ás 11:30 será a…

  • A Mariña, nun fóra de área

    Como se nun partido de fútbol se tratara. Con esa tranquilidade e como se esa fora a consecuencia, a Mariña está a perder o partido coa área sanitaria. Agora, lévanse os historiais médicos en papel a Lugo. Sen dixitalizalos na súa totalidade. Algún haberá que traer de Lugo para algunha consulta… sempre será preferible a…

  • Soldos: como nos venden a moto

       Onte algún diario económico titulaba unha nova algo así como ‘por primeira vez diminúe o soldo’. Referíase, naturalmente, a nivel estatal e non só de Ribadeo. E referíase a que o soldo medio, en euros, foi menor o ano pasado que o anterior. Non se refería, por suposto, ó aumento de desigualdade, que leva…

  • Estatísticas do Ribadeo F. C. na liga 2017/18

    A pasada liga, á vista de que na web do Ribadeo FC non había diagramas con puntuacion ou goles, fixen algún post sobre o comportamento do equipo, avisando de que como non son afeccionado, sería algo esporádico mentres os datos non estiveran na súa web. A cousa segue igual, mais a reivindicación do ferrocarril da…