-
Sanidade na Mariña, seis queixas diarias
Iso di a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña. E por iso pon a disposición dos pacientes un buzón de reclamacións complementario ó que mantén a estrutura oficial. A razón? A falta de resposta da administración. Deste xeito, a plataforma terá unha visión máis clara do que está a ocorrer, ó tempo que…
-
A Ponte, revisitada
A Ponte de Arante ten renome pola festa das cruces, que se pretende sexa declarada de interese turístico, mais a capela das Virtudes que alí se atopa ten importancia artística e abondo máis fidedigna que a festa en si. Este ano téñense organizado visitas á capela, e o próximo día 26, ás 11:30 será a…
-
A Mariña, nun fóra de área
Como se nun partido de fútbol se tratara. Con esa tranquilidade e como se esa fora a consecuencia, a Mariña está a perder o partido coa área sanitaria. Agora, lévanse os historiais médicos en papel a Lugo. Sen dixitalizalos na súa totalidade. Algún haberá que traer de Lugo para algunha consulta… sempre será preferible a…
-
Soldos: como nos venden a moto
Onte algún diario económico titulaba unha nova algo así como ‘por primeira vez diminúe o soldo’. Referíase, naturalmente, a nivel estatal e non só de Ribadeo. E referíase a que o soldo medio, en euros, foi menor o ano pasado que o anterior. Non se refería, por suposto, ó aumento de desigualdade, que leva…
-
Estatísticas do Ribadeo F. C. na liga 2017/18
A pasada liga, á vista de que na web do Ribadeo FC non había diagramas con puntuacion ou goles, fixen algún post sobre o comportamento do equipo, avisando de que como non son afeccionado, sería algo esporádico mentres os datos non estiveran na súa web. A cousa segue igual, mais a reivindicación do ferrocarril da…
-
ESCUDO DE ARMAS DA CASA DO FIDALGO DE VILAFRAMIL. Francisco José Campos Dorado
Este sinxelo e distinguido Escudo de Armas español da (foto supra), sen particións e gravado en fondo e baixo relevo, sobre pedra marmórea do país, está situado no pórtico da Casa do Fidalgo de Vilaframil. Darlle as grazas desde aquí a Dª Carme, dona da casa, que tan amablemente atendeu as miñas preguntas e me…
-
Menos medio millón. Nota de prensa da Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo
O grupo que formamos a Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo vemos cada pouco tempo anuncio de inversións (reais ou ficticias, actuais ou pasadas ou por vir) da Xunta de Galicia. Vemos mesmo que ditos anuncios fanse ás veces non de xeito institucional, senón por xente do partido que leva as rendas da…
-
Diferencias e normalidades
Onte foi domingo. Un día que marca a diferencia co resto da semana. E onte quedou patente. Levantou o día con chuvia e foi difícil saír á rúa de xeito calmado sen levar paraugas ou sen mollarse. Tanto así que a algún foráneo escoitóuselle algo como ‘es que os olvidábais de que estamos en Galicia?’…
-
Ribadeo, en tren ao fútbol
Case se me escapa a iniciativa do Ribadeo F.C., e non porque vaia en tren. Coido que é un bó xeito de apoiar a continuidade da agonizante liña do tren Ferrol-Xixón. Se és afeizoado ó fútbol, seguro que valoras de xeito positivo o que se pretende. Deixo a imaxe, tomada do Facebook do equipo ribadense:
-
A ría, hoxe
A ría de Ribadeo sempre é unha sorpresa. Hoxe, coa marea baixa e a luz da preparación para a chuvia, máis aínda que noutros momentos. Unhas fotos para testemuñalo:
