Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Dor, tristeza, rabia, noxo

       A estas horas estará Feijoo falando no Voar: comezan os VIIForos de Debate, impulsados por Segismundo García (Voar e Grupo Sargadelos) coa ‘ética e política’ como tema. Hoxe fixen algo así como xaxún político e non acudín. Ó fin, ós 70 000 € de subvención á prensa só polo tema incendios do mes pasado…

  • Temperies e interpretacións

    O 15 do mes pasado foi o día de temperatura máis alta no que levamos de século en Ribadeo. O Cambio climático non só e medido, senón que é sentido a traverso da nosa pel e tamén polos fenómenos que produce. Os datos acumúlanse. Este ano está resultando seco, aínda que hai un un par…

  • Unha volta polas catedrais

    Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda. Xa non había vixiantes, claro, a xente andaba por todos os lugares. Non había xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla. Mentres, o estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes. Vista das catedrais, onte…

  • Conservación do muíño da Ignacia. Unha revisión

    Hai xa moitos anos que o Muíño da Ignacia se restaurou. Sei que no seu momento quíxose dotar una uténtico mecanismo que funcionara coa auga, mais a falta de cartos deixouno como unha especie de muíño de xoguete, cun subministro de auta co seu correspondente acueduto e reservorio, pero sen un funcionamento real. Quizáis foi…

  • Enterándome de cousas que non sabía

    Pode dicirse que eso foi o que fixen ó meu paso pola feira. Unha feira, primeira edición, da que non me cadraba o nome para unha actividade así: a I feira feminista. De saída, o lugar da feira, alegórico na praza 8 de marzo, daba para a montaxe da carpa dun xeito xustiño, como se…

  • Niño de avespas no casco urbano

    Unha sagaz lectora do blog envioume un par de fotos e logo fun confirmalo. O niño, no centro da imaxe. A foto, tomada dende o aparcamento da Avda. de Rosalía. O lugar, detrás do Muíño: Pola dereita, aparcamento da Avda. Rosalía  Pois iso… aínda está altiño. Asiáticas? Parece que si…

  • O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas.

    O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas de mercadorías, segundo se desprende da nota de Portos de Galicia, segundo a que ten movido ata o 30 de setembro 347 000 t. Facendo contas, ó ritmo seguido o resto do ano, sobrepasaría as 460 000 t, cunha media mensual de máis…

  • Veciños enfrontados

    Traía o xornal a nova: ‘Cisma en la federación veciñal por la defensa de la Xunta después de los incendios’. Coido que esaxera. Primeiro, porque a representación veciñal leva dividida dende hai tempo. Un caso sucedido hai anos, cando se constiuiu o consello do Hospital da Costa (“Comisión de Participación Cidadá da área Cervo-Burela”) con…

  • De subvencións: Life Fluvial

    Que alegría, que alboroto, nos ha tocado el perrito piloto! Sempre se celebra con festa o que a un lle toque algo, e o acto que tivo lugar onte pola mañá na casa do concello de ribadeo tivo algo diso: celebración dunha subvención millonaria. Os detalles, na nota de prensa en baixo, implican e aplican…

  • O punto sobre a i de violencia

    Non é a primeira vez que sinalo que ter o control de que falar, de que discutir, é ter o control, a secas. E co de Cataluña estase a amosar unha vez máis a verdade do dito: aí vai esquecida toda a corrupción anterior e o que leva saído (e se leva calado, porque tiraba…