Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Centenarios

    O edificio da Torre dos Moreno segue en pé. E xa ten cen anos. Celebración polo seu cumpre? Non tivo. O desaparecido tren a Vilaodriz xa os cumpriu hai tempo. Non lembro tampouco celebración. Agora tócalle o turno a un proxecto fallido, agora que estmos en loita pola conservación do tren pola cornixa cantábrica. Este…

  • NOVA QUEIXA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO AO DEFENSOR DEL PUEBLO

    O colectivo POR NUESTRO FARO ven de remitir unha nova queixa ao Defensor del Pueblo en base ao seguinte asunto: A concesión aprobada pola Autoridade Portuaria con data do 15 de Xuño de 2015 comprende seis parcelas que en total suman cincocentos metros cadrados. Aquí inclúese o edificio do antigo faro e outras parcelas colindantes.…

  • Mirando para outro lugar

    Mentras se van vendo as manobras diversas sobre as Catedrais -onte, xuntanza en Santiago, e nota de prensa segundo o concello-, abonda unha mirada ó noso arredor para ver que a vida segue e que as Catedrais son importantes, pero non o único que manter en Ribadeo. Antonte tomaba estas dúas fotos, que dan unha…

  • Nota de prensa: XXIV Feira da Ciencia de Ribadeo

    IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Nota de prensa Mañá, mércores 4 de abril, terá lugar o comezo da XXIV edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela participarán boa parte dos estudantes do IES como expositores dos seus propios traballos, dende os cursos iniciais que son impartidos no IES…

  • Revisitando As Catedrais na documentación xa aprobada

        Un artigo en Facendo Camiño (o blog de Iván Rodríguez Lombardero) lévame a lembrar algo semellante, moito menos elaborado e moito menos extenso, sobre As Catedrais, que fixera no blog hai xa tempo.     Non me refiro ó parágrafo “O Plan Especial (de agora en diante, PEC) da unha sorpresa de novo na p.16,…

  • Secuencia de carga en Mirasol – 2018

    Levo xa colgado por varias veces vídeos con secuencias de carga de pasta de papel en Mirasol, vendo como vai cambiando o xeito de facelo e o tempo empregado. Este vídeo é de hoxe. A calidade é moi mala, pero os pouco máis de tres minutos de descarga entre camión e camión quedan patentes, e…

  • Unha pedra e una crise

    Non, non esquezo á morta. Pero aínda non hai moito que en relación ó novo plan para as catedrais lamentaba que só cando xa tiña sido aprobado de xeito inmediato ó non presentarse alegacións, houbera alguén que, de como loita da chamada política, criticaba algunha cousa (no blog foron analizadas con tempo abondo en tres…

  • Algunhas preguntas (e respostas) sobre a residencia

    O pasado día 20, martes, houbo un par de xuntanzas no concello de Ribadeo sobre o estado actual da residencia de maiores de Ribadeo (Comisión da Residencia, cos integrantes da directiva da Plataforma pro Residencia de Maiores, e Xunta de Portavoces do concello). Hoxe haberá un pleno con tema único, ás seis da tarde, para…

  • Cualquier parecido es pura coincidencia

    Faro de Corrubedo. Luis Miguel Bugallo Sánchez, licenza de documentación libre de GNU    El título hace alusión al proyecto del faro de Corrubedo y al de Isla Pancha. Lo sé, es un poco exagerado, es cierto que hay un punto en común : ambos proyectos se inscriben en el programa “Faros de España” destinado…

  • Dous anos, unha nova directiva para Amadores sen difusión

    O sábado 30 de abril de 2016 Amadores da Música, a sociedade casa da Banda de Música de Ribadeo, tiña unha nova directiva. O sábado 10 de marzo de 2018, Amadores renovou a súa directiva. De xeito sorprendente sendo dende hai anos unha das sociedades maiores de Ribadeo, non vin nada na prensa. Tampouco na…