Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A nova da semana? As Catedrais, claro!

    Cando se move algo nas catedrais, as miradas apuntan cara ó areal dos arcos. E é que aínda que a participación non sexa fomentada (pedida si, pero non articulada), a conversión dos arcos en icono de Ribadeo  leva consigo esa desviación de miradas cando o icono se ve afectado. Hai tempo que se sabe e…

  • Unha exposición de ovos

    Non é o primeiro ano que no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo organiza unha exposición de ovos con motivo literario: representar unha obra literaria de xeito comprensivo (unha escea, un persoaxe, …). Este ano está rematándose de montar, e será visitable tamén a próxima semana na entrada do IES:

  • Derrumbe(s) con máis dunha década por medio

     Fotos do derrumbe de onte, dende a ponte dos Santos e dende a beira da estrada ó faro. Vese claramente o lugar, xunta ó albergue de peregrinos.  — Onte houbo un novo derrumbe na zona na que o 30 de decembro de 2005 outro anterior provocara o corte da estrada do faro, como se ve…

  • Pouco a pouco, Ribadeo móvese

    Adxunto fotos e lema transmitidos en Facebook por Suso Fernández. Resulta que… ante o éxito dos pensionistas en mobilizarse (organizados pouco a pouco no ‘Movemento en Defensa das Pensións Públicas‘, agora chama á mobilización todo o mundo (léase partidos, sindicatos) querendo subirse á onda. Iso si, non soen xuntarse co movemento, senón agregar a ‘súa’…

  • Non importa non habelo podido publicar a tempo. Hai cousas ás que non se lle pasa o momento

    Dous días despois da nota que adxunto, do concello, sigo a pensar o mesmo: é unha moi boa nova. Un paso máis no traballo comezado dende a Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo por José Mª Rodríguez e que aínda non rematou (como tampouco a actividade da Plataforma). Novas BARCIA: “POR DÍAS COMA ESTE…

  • Festival de Swing 2018

    PROGRAMA: venres 13 abril: 21:30 recepción na sala Rosalar Ribadeo 22:00 taster de baile rock’n’roll 23:00 concerto da bigband The Swingtonized BAND 01:00 festa swing na sala Rosalar Ribadeo sábado 14 abril: 10:30 recepción no Teatro de  Ribadeo 12:45 – 14:14 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo. 14:30 xantar 18:15 – 19:15 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo…

  • Axenda Cultural do segundo trimestre (concello de Ribadeo)

    Unha translación: Maimiñas do 22 de abril pasa ó 10 de xuño.

  • Placas en Porcillán

    Hai xa meses que o blog comezou a conter fotos das novas placas descritivas de Sargadelos, que describen trinta lugares do rueiro de Ribadeo. Dende aquela, publicouse un folleto recollendo o seu contido, mais coido non da unha idea adecuada da beleza das placas, polo que sigo recollendo fotos ata completar o conxunto. Hoxe tocoulle…

  • En loita polas pensións, sección Ribadeo

    Publicado no muro de Facebook do Movemento en Defensa das Pensións Públicas, Ribadeo.

  • A Roda, Barreiros, por Emilio Piñeiroa Lozano

    Máis sobre a Roda.