Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ofrenda aos Remedios. Representante, alcalde de Ribadeo

    O domingo 15 de setembro, Fernando Suárez Barcia, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda aos Remedios, en  Mondoñedo. Coido que, aínda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separación de poderes igrexa-estado do estado ‘aconfesional’ (non non-confesional, segundo…

  • Folga mundial polo clima: Ribadeo

    – Tamén en Ribadeo, apoio á folga mundial polo clima do 27 de setembro.

  • Detrás da santiña, diante das monxiñas… e fin de festa

       Hoxe, 8 de setembro, é o día grande das festas patroais de Ribadeo, pois corresponde á festividade da patroa.     Coido que dende hai tempo, os fogos do sete marcan o punto culminante, co que a afirmación anterior non deixa de ser unha reminiscencia relixiosa ou doutros tempos, como se pode constatar en xeral…

  • Hoxe, a manifestación do 7

    Un mes máis, en Ribadeo houbo saída á rúa dos pensionistas. Esta vez, en festas, o sete. Esta vez, de novo, en forma de manifestación, que saíu do concello ás 12 e volveu ó concello despois de pasar por cantón, Pza. de España, Villafranca, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Avda. de Asturias e…

  • #cortesdeluzRibadeo, de novo ás voltas

    Facía moito que non me cadraba un corte de luz en Ribadeo usando a luz nun lugar no que tomar nota de xeito doado, sendo consciente de que se seguen a suceder (mesmo saíu nos papeis nalgún caso). Hai un pouco volto suceder, polo que sigo a deixar constancia a modo de base de datos…

  • Das oito da mañá á democracia

       Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que…

  • O pregón das festas patronais 2019 de Ribadeo (e o resume de ofertas nas festas)

    Onte, 31 de agosto, Fabián Pérez Rego deu o pregón no Cine Teatro de Ribadeo ás 20:30. Quedan embaixo os podcast das verbas do presidente da Comisión de Festas, do alcalde, dun comisionado e por último de Fabián, acompañados dunha breve biografía e un resume de actividades festeiras. A presentación foi feita por M. Carmen…

  • Salvados pola xeografía (e a gravitación universal)

    (Versión para os medios de http://ribadeando.blogspot.com/2019/08/verquido-de-purins-salvados-pola.html e http://ribadeando.blogspot.com/2019/08/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles.html.) Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados ó río Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o río Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco máis abaixo da captación de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha…

  • A maxia contida na literatura. Por Pablo Mosquera

    Nota: Ó final, o vídeo da presentación. Feira do Libro na súa quinta edición. Lugar, a praza da Mariña en Burela Organizada polo concello e o seu departamento de cultura. Venres, sábado e domingo. Música, encontro para autores, libreros e lectores. Alí estaremos os habituais: Paco Rivas, Carlos Novo Cal, Vicente Míguez, Sito Otero Regal,…

  • Verquido de puríns/zorra? II: algúns detalles

    Parte I: Verquido de puríns? Salvados pola xeografía (e a gravitación universal) En Guiar hai varias instalacións gandeiras grandes a escala da zona. Unha delas, cun depósito de zurro de máis de 1 millón de litros, tivo un fallo polo que unha tubería quedou durante horas desentroncada. O entronque estaba feito, ó parecer, por pegado…