-
O Altruán, lenda e contrastes
Comezos de ano. Día de Reis. Un bo día para lembrar que hai non moito unha persoa estranxeira coñecida preguntoume polo Altruán. Tiña curiosidade despois de ter mercado unha reprodución dunha imaxe del en Vivín. A imaxe impactoulle e naceulle o formigueo de saber máis da vida deste home de Ribadeo. Díxenlle o que puiden…
-
OS LIBROS VAN Á OFICINA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón
OS LIBROS VAN Á OFICINA Xosé Carlos Rodríguez Rañón Quen ía imaxinar que o fomento da lectura entre traballadores e profesionais sería algo a potenciar para mellorar o seu benestar físico e mental, o seu rendemento no traballo e a comodidade “in situ” durante a súa xornada laboral. Empresas e fábricas de todo tipo (mesmo…
-
Bo Nadal!
-
2os Bítere de Honra
O 28 de decembro é tradicionalmente celebrado o día dos Santos Inocentes. Este ano, ese día, o domingo 28 de decembro, nun sinxelo acto no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia (Barreiros), terá lugar a celebración doutro tipo de inocencia, a que se dá ós máis polo coñecemento: será a entrega dos segundos Bítere de…
-
Adeus ó ceo
Adeus ó ceo Sempre me gustou mirar ó ceo. Sexa de noite, escura, cuberto, con lúa chea, con estrelas visibles, ou de día, con nubes claras ou escuras, chuvia, luz entre masas de nubes, rechamantes amenceres e tenros atardeceres, con arco da vella ou ceo totalmente despexado. De calquera xeito. E lembro a primeira vez…
-
153 toneladas de bombas
O modélico tratado consensuado por Trump, a paz en Gaza, segue a dar os seus froitos. Neste caso, este domingo, 153 toneladas de bombas sobre a cidade. Bombas que calculo terían que procurar ben para atopar algo para destruír, algo que aínda quedara sen reducir a escombreira. Mentres, os gazatís incumpren o acordo: non entregan…
-
co mundo, á rúa! A flotilla somos nós
Israel atacou. Nós facemos algo que podemos.
-
Ruído
Ruído Un incendio que amosa unha fronte cunha potencia de 10000 W por cada metro é incontrolable. Hoxe instálanse palcos de orquestras cunha potencia de son que se lle vai achegando. Hai veces que as palabras determinan, ou ao menos inducen a pensar non só nos obxectos ou as accións que designan, senón tamén na…
-
Da volta á paz
Este domingo está previsto, como todos, unha concentración en Ribadeo pola paz e contra o xenocidio en Palestina. Mais a ‘Vuelta a España que comezou en Italia’ segue, e este domingo parte a etapa dende A Veiga, e continuará así tamén a protesta pola participación dun equipo israelí. Aquí quedan pois as dúas convocatorias:
-
Pola paz. En Ribadeo, este domingo
Un domingo máis, en Ribadeo celebrarase unha concentración pola paz. Nos momentos que vivimos, dirixida de xeito particular pola paz e contra o xenocidio en Palestina. Un apoio para o pobo Palestino e estes días, tamén para a flotiña que tentará rachar o cerco israelí e minguar a hambruna gazatí. Unha nota: Nalgúns lugares aparece…
