Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.415 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: paz

  • Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo

    Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo     Mentres en Gaza está por ver se se cumpre a tregua, mentres alí e noutros moitos lugares a xente morre polas bombas na guerra, ou polo frío e pola fame que deixa de rastro, deixo en baixo un par de fotos de Suso onde se amosa…

  • Paz, versión xaneiro 2024

        É sabido que hai previsto un alto o fogo en Gaza. Mellor algo que nada, pero, iso é paz? A resposta é sinxela: non. Iso, polo momento só é un alto (parcial, pois as condicións seguen) no xenocidio gazatí. E o resto das guerras, seguen. As concentracións pola paz, para promovela, para ser conscientes…

  • Defendendo as árbores e un Ribadeo mellor

         Este domingo a mediodía, a máis da xuntanza semanal pola paz no Cantón ás 12:30, a Plataforma de defensa das árbores de Ribadeo recolleu sinaturas na esquina de Casa Arango.     Por alí se pasaron perto de 500 persoas en apoio da petición, a máis das sinaturas recollidas en internet (change.org), que no momento…

  • Exercicio de ano novo: imaxina

    Exercicio de ano novo: imaxina      Imaxina. Imaxina que nos últimos 15 meses tiveran morto en Ribadeo (onde somos, arredondando, 10 000 persoas de censo) 600 persoas máis das que morreron. É dicir, a maiores das mortes habidas, 1 de cada 16 persoas das que aínda estamos vivas. E que o pobo e as parroquias…

  • Paz e pensión! Das dúas citas desta fin de semana

        Esta fin de semana en Ribadeo había dúas convocatorias, reclamando polo público, en particular as pensións, e pola paz, en particular no xenocidio de Gaza. Queda aquí testemuña de ambas, ás que asistimos algo máis de trinta persoas cada día, e nas que se trataron temas relacionados co mantemento das pensións e do público…

  • Dúas citas esta fin de semana en Ribadeo

         Paz, domingo, 12:30, e pensións e o público, sábado, 12, centrarán os encontros reivindicativos desta fin de semana en Ribadeo: Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo

  • Onte foi a última concentracion pola paz en Ribadeo este ano

         Onte foi a última concentracion pola paz en Ribadeo este ano. Deixo algunha foto e o lido por Jesús Irigoyen e o audio de Nana Montañés. Antes deles, Suso Fernández puxo unha selección de últimas novas sobre o xenocidio palestino dirixido por Netanyahu e eu salientei unha nova que apareceu esta semana: unha circular…

  • O 29 de decembro volveremos pedir paz

        Pola paz. Contra o xenocidio. Deixo o cartel da convocatoria deste domingo e, baixo el, algunha foto de Suso eas verbas do domingo pasado.     Fotos de tres momentos do domingo 22 de decembro:     E as verbas que se dixeron: Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo

  • Amáñase un xenocidio sen paz?

     Amáñase un xenocidio sen paz?     Un xenocidio é un unha guerra a morte contra un grupo concreto. Non entre dous grupos, senón ‘contra un’. Algo que remata sendo unha guerra unidireccional, totalmente asimétrica, na que un grupo mata e outro morre, salvo algunha excepción que, como tal, dise que ‘confirma a regra’.     Por…

  • Mañá, pola paz

         Un domingo máis, organízase en Ribadeo un encontro pola paz. Ás 12:30, no Cantón: Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo