Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Política, versión Trump: condena

    Nin son venezolano nin sei a quen tería votado nunhas eleccións nese país, de ter voto e estar máis enterado do que estou da súa política interna. Iso non importa para condenar un ataque ordenado por Trump contra un país soberano, causando deceas de asasinatos, e o secuestro do seu presidente. Máis aínda despois de…

  • De quen (e de que) queres depender? Unha reflexión rápida

    De quen (e de que) queres depender? O ser humano -calquera, ti tamén- como ser social, depende da sociedade, do seu entorno humano, para desenvolverse, para vivir como humano. Todos o sabemos de forma consciente ou inconsciente, e asuminos de xeito implícito, incluídas as persoas que parecer rexeitar o ‘contrato social’. Agora ben, de aí…

  • Cando non é Nadal?

    Cando non é Nadal? Si, pregúntome cando non é Nadal. Comezos de Novembro e o alumeado de Nadal está dilixentemente disposto pola zona centro do pobo. E por esa zona estará ate despois de Reis. Non, non estamos a falar de Vigo ou algunha desas vilas dun certo tamaño coas que a cidade olívica compite…

  • Este venres, nova actividade de Soberanía dixital, por amarinha.gal

    Nota de prensa amarinha.gal: Soberanía Dixital VII: Contralgoritmia -O venres19 de setembro, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital VII: Contralgoritmia. Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión do control que podemos sufrir co…

  • A pel do bonito

    A pel do bonito Ía titulalo ‘A pel do bonito e outras historias’, pero a idea non trata de recompilar historias curiosas ou chamativas (é dicir, non era ese o tema importante), senón de salientar o espírito que hai detrás do conxunto delas. Ou sexa. bosquexar como o seu conxunto pode afectar á vida que…

  • Construción efémera

    Hai xa tempo abondo souben dos estudos de construción efémera, avalados daquela por un ciclo de FP (hoxe non sei se segue ou non dito ciclo). O ciclo non se refería tanto a casas como a expositores en feiras e cousas semellantes, aínda que a diversidade de aproveitamento das ensinanzas impartidas era ampla. Lembreime do…

  • Líderes: de dentro a fóra e camiño de volta

    Dende hai algún tempo chámame a atención nos xornais o uso da palabra ‘líder’. Se imos ó dicionario, aparece que significa “Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa”. E de aí, poderiamos estender o seu uso ‘legal’, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a política. Mais, nunha democracia, o…

  • ¡QUE SE PRESENTEN A LAS ELECCIONES! José María Rodríguez Díaz

    Para min, este comentario de José María que republico significa a esencia da súa labor dende que o coñecín ata os seus últimos días. Clarividencia, liderazgo e unha confianza moi grande na xente como pobo, non como individuos, senón como sociedade. Ó que se lle suma en xeral a intemporalidade das súas observacións. Viernes, 11…

  • Unha voda en San Juan el Real. Outono

    Unha voda en San Juan el Real. Outono Vou de viaxe. Unha cidade. Un pouco de tempo. Atopo unha voda en San Juan el Real mentres descanso coa equipaxe. En Oviedo nese momento non hai consigna no ferrocarril e está sen funcionar a da estación de autobuses. Xente disfrazada comeza a dispoñerse fronte a min.…

  • Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti.

    Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti.

    Parafraseando a segunda parte dunha célebre poesía de Bécquer, podemos preguntarnos: ‘Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti’. A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tamén leva unha carga de deber, coa súa responsabilidade. E é ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser…